lunes, 19 de octubre de 2009

LARO 2 - SIGÜEIRO 1

Tropezón inesperado
-
A pesar do golazo de Germán, o Sigü non puido evitar a derrota. Os nosos continúan segundos, xa que o San Mamede tamén "pinchou" en San Marcos

Perder nunca gusta, pero non resulta tan molesto cando ves na táboa clasificatoria que o Sigü aínda permanece en postos que lle permitan loitar polo ascenso e que só o Villestro continúa invicto. O ano pasado a estas alturas, os nosos non lograban gañar e sumaban unha xeira de moi malos resultados; entón visitounos o Laro e despois de 203 días sen gañar, conseguiríamolo (como o recollera Maldini ao día seguinte). Ata onte, os resultados eran á inversa aos do comezo do pasado curso futbolístico, dende maio sen perder en partido oficial, e como fai un ano, foi o Laro quen cortou a nosa xeira. Sabiamos que este momento tiña que chegar algún día. A amarga primeira derrota, sempre doe máis cas outras, pero nesta ocasión prolongouse ata a sétima xornada e quizais non nos resulte tan dura.
-
A anécdota do encontro estivo nas equipaxes dos nosos. O Sigüeiro non saltou ao campo de Laro vestido de vermello, senón de branco. Estreouse a segunda equipación, pensando que os locais seguirían vestindo coma nós, pero o Laro xa non viste de vermello, agora faino de negro. O novo traxe reserva do Sigü é o mesmo modelo que o primeiro, e decidíuse voltar ao branco na segunda equipación deixando de lado o azul celeste das últimas tempadas.
-
O primeiro gol do encontro non se fixo agardar. Antes dos dez minutos, Germán anotaría un dos que vai ser dos goles da tempada. O Kaiser, arrancaba co balón controlado dende máis atrás do medio do campo e dende a frontal da área, golpearía coa súa perna menos habitual un balón que remataría colándose pola escadra esquerda da porta local. Miroslav Djerman (que diría Braulio) firmou da mellor forma posible o primeiro gol dende que está no Sigü. A partir de aquí, a tónica de sempre: querer menos o balón e decidir pecharse cada vez máis. Desta vez non funcionou, marcamos cedo e o Laro (ao contrario do que lle sucedera ao San Marcos e Dubra B) tiña moito tempo por diante para intentar darlle a volta ao marcador. Os rivais chegaban, e cada vez con máis frecuencia e forza e como era de esperar "tanto vai o cántaro á fonte...", así foi, logo de que un rival lograra enviar ao fondo da porta de Álex unha pelota que procedía de varios rebotes previos. Un par de minutos antes de que nos empataran, un Óscar reconvertido en punta, puido trocar o guión do partido, senón fallara un man a man co meta local. Destacar que Juan tivo que entrar en substitución dun mancado Fran que non logrou continuar.
-
Á volta do descanso, o Laro baixaría a fecuencia de chegadas a nosa porta, pero aínda así gozaría dunha moi clara á saída dun córner tras o fallo nas marcas. Pouco despois chegaría o segundo tanto local, logo dun "globo" enviado dende a banda esquerda que se colaría na porta do Sigü, despois de pasar por enriba da testa de Álex. Os nosos atopábanse fóra de lugar e non creaban oportunidades; o perigo que xerou o Sigüeiro veu das botas de Munitis, que voltou a saír dende o banco. Desta vez non nos asubiaron penalti a favor, pero quizais por erro arbitral, xa que Óscar foi empurrado dentro da área, o colexiado interpretou como unha caída do Número Dez sen consecuencias para ningún dos dous bandos (nin penalti, nin cartón por simular).
-
Para a vindeira semana, agárdanos un verdadeiro partidazo. A visita do Cogalrodeiro produce un enfrontamento entre segundo e terceiro clasificado. A pesar da derrota de onte, todos e todas esperamos que non nos pase factura e que o equipo logre reencontrarse coa victoria o antes posible.
-
-O SFC fronte ao Laro: Álex; Amancio, Borxa, Germán e Fran (substituído por Juan); León (substituído por Munitis), Xabi, Javi II (substituído por Javi González) e Óscar; José Ángel e Marcos Vigo (substituído por Toni).
-
Para ver as fotografías do encontro clica aquí.

12 comentarios:

Anónimo dijo...

Non pasa nada!! seguro que todos firmabamos a comezo de tempada estar na situación que estamos agora. Un tropezo é normal.

Anónimo dijo...

MUNI TITULAR!!

Anónimo dijo...

alguén que fora o partido pode contestar a estto:

onde xogou oscar? foi o mesmo do ano pasado?

Anónimo dijo...

Óscar comezou en banda, pero pronto foi para a punta en lugar de Marcos Vigo que recaeu no interior. Óscar pouco a pouco está volvendo...

Anónimo dijo...

Oscar xogou todo partido de dianteiro, jose angel botado a unha banda, e logo jose foi pa dianteiro e marcos vigo caeu a unha banda.

Anónimo dijo...

O PARTIDO MÁIS IMPORTANTE DA TEMPORADA SEÑORES!!!!

Anónimo dijo...

enga enga, non sera pa tanto.cogalrodeiro e un equipo da nosa talla, deses que en principio non son candidatos, pero son equipos fortes e que estaran arriba.ainda asi ningun dos dous e favorito a nada.

e non se pode decir que o oitavo partido da tempada sexa o mais importante.os mais importantes ainda estan por vir.gañemos perdamos ou empatemos, seguiremos ahi arriba, a cousa ainda acaba de empezar.

xanmiña dijo...

menuda merda de campo colega, xa se podia cogar ao futbol praia...

Anónimo dijo...

¿A qué hora é o partido o domingo?

Anónimo dijo...

Jundios!! as 4:30 no lino balado todo cristo a animar que estes partidos son os que deciden o que imos facer este ano!!!

Anónimo dijo...

Meca en dios maña todo o mundo co sigu e ostia hay que animar ata o final ostia e dalo todo.moito sigu

Anónimo dijo...

Sigu 1 - Cogalrodeiro 1

Gol de "el que nunca hace nada", TONI!