domingo, 4 de octubre de 2009

VILATUXE 0 - SIGÜEIRO 1


Victoria dende os once metros
-
José Ángel anotou de penalti o único gol dun partido soso e sen ocasións. O Sigü sitúase terceiro empatado a puntos co segundo clasificado
-
Non foi un bo partido, nin o equipo xogou ben, pero volvéronse a conseguir os tres puntos e o Sigü, está a marcar o mellor comezo ligueiro dos últimos anos. O Sigüeiro non gozou de ocasións, pero aprobeitou un penalti para gañar contra un rival que nos complicou a vida aínda con dez xogadores.
-
Iniciou o encontro cun xogo moi trabado, onde só lograban chegar os locais mediante balóns aéreos en golpeos de faltas arredor do medio do campo. No minuto vinte, aproximadamente, prodúcese un claro penalti na área do Vilatuxe que o árbitro non se equivoca ao sinalalo; José Ángel, asumíu a responsabilidade a pesar de marrar unha pena máxima a pasada semana fronte ao Agolada. O Capitán transformou a gran penalidade e deseguido sufríu unha agresión do gardameta local, aínda que o colexiado non expulsou ao porteiro local e observou a xogada á perfección. Cando solucionemos uns problemas co servidor da canle de vídeos, Youtube, poderemos ver esta clara agresión e o posterior erro arbitral.
-
Aínda que o colexiado non, o adestrador local si que se dou conta da loucura do seu cancerbeiro e decidíu trocalo no intermedio. O recén entrado meta local, mostrou nos primeiros momentos do segundo acto, debilidades á hora de agarrar a pelota; a pena foi que o Sigüeiro non o lograse probar, xa que decidíu amarrar a mínima diferenza. Cando restaban vinte minutos para o fin do encontro, o Vilatuxe quedaríase cun xogador menos, logo da dubidosa expulsión dun local por unha entrada a un dos nosos xogadores. Con un máis, o Sigü non se botou adiante, pero sí saíu a contra con máis frecuencia aínda que con pouca efectividade. Destacar que Juan, xogou os derradeiros minutos de dianteiro centro, xa que foi substituído por Óscar e o troco tiña como obxectivo perder tempo e non atopar novas aportacións.
-
A vindeira cita co noso equipo, será o próximo domingo. En fronte, o Dubra B, que onte gañoulle ao O Pino e está situado como noveno clasificado.
-
-O SFC fronte ao Vilatuxe: Diego, Amancio, Manu Regueiro, Germán e Borxa; León, Javi González (substituído por Javi II), Xabi e José Ángel; Óscar (substituído por Juan) e Toni (substituído por Marcos Vigo).
-
Para ver as fotografías do encontro, clica aquí.

20 comentarios:

Anónimo dijo...

que si,joder,que imos ascender¡¡¡¡¡¡¡¡¡

Anónimo dijo...

desde logo con este xogo non ascendemos nin de peido

ke xogo mais racano la madre de dios

Anónimo dijo...

o k konta sn os puntos n o xoga bonito pa eso estan as ligas de peñas a base dun equipo e defender moi ben un gol sempre cae mirade a seleccion italiana aburre co seu xogo pero sempre esta nas finais poque??defende moi ben son competitivo s e un gol sempre chega e esto esta ai pa ver.este equioi e similar salvando as diferencias.eu coñezo este mister e aposto enque va estar disputando o ascenso o mismo fixo co dubra.animo.

Anónimo dijo...

O mellor que lle pode pasar o equipo cando xoga mal e conseguir os 3 puntos. Confiemos en que co paso dos partidos o xogo do equipo mellore.

Anónimo dijo...

eu non vexo a lelo moi preocupado de xogar mellor precisamente

Anónimo dijo...

e p k xogar mellor o k valen son os puntos o resto que o faga o madr8id e barcelona.jose manuel eres o mellor mister en hora boa polo traballo k tas facendo.

Anónimo dijo...

Vin que Diego non está xogando,Podedes deixarnolo o Pontecarreira un tempo que é o porteirazo que nos falta para ter un equipazo.

Anónimo dijo...

peo ti flipaoo k konA DIS ANALFABETO DOS WEBOs.komo k diego nn ta xogando?¿s ainda xogou oxe e fixo un partidazoo

Anónimo dijo...

peo ti flipaoo k konA DIS ANALFABETO DOS WEBOs.komo k diego nn ta xogando?¿s ainda xogou oxe e fixo un partidazoo

pero a que carallo ven esto?un paisano entra aqui falando con respecto e xa se solta.Amitaste ben a tua nai,fillo de puta,que onte pasou por aqui e a moi zorra quixome cobrar.
vaia pa casa subnormal da virxe,e se tes collons di quen eres e vente un dia ata a pontecarreira ou dinos donde quedamos en sigüeiro que vou eu ata ahí.

Anónimo dijo...

Diego e Álex, ambos moi bos, túrnanse na portería cada fin de semana. Diego ven xogando esta tempada os encontros de fora, e Álex os que xogamos na casa.


Por favor, sen faltar ao respeto.

Anónimo dijo...

calma pueblo!

forlán bota de oro dijo...

amote sigu lololololololo amote sigu lololololoo amote sigüeiro lolololollolo

jose angel > cesc fabregas dijo...

o anonimo que deixou o comentario as 4 e 10 tamen estibo moi fino, si señor non hai como falar as cousas con educacion para arranxalo todo.....

Anónimo dijo...

Óscar xogou na banda? porque tal e como escribistes a aliñación semella que xogamos 4-4-2 con Óscar e Toni en punta. Entón, quen xogou en banda?

Anónimo dijo...

empezou en punta con toni e j angel na banda pero cambiaron pronto

lentellas con chourizo dijo...

molame un collon a equipacion do vilatuxe, vouna copiar pra miña de hattrick jajaja

Anónimo dijo...

Ánimo a Munitis e sobre todo a seu irmán Victor. A recuperarse rapaz!

collos de mofeta en vinagre dijo...

para este ano o ascenso!!!!!!!!!
FORZA SIGÜ!!!

Anónimo dijo...

que lle pasou a munitis?

Anónimo dijo...

PATÉTICO o do árbitro en Vilatuxe. Non se pode ser máis caseiro.