sábado, 10 de octubre de 2009

Braulio na súa novena semana

"Falta Maroño, pero hoxe non ven..." - Capítulo IX
-
Só me perdín unha vez para chegar ao campo do Vilatuxe; recordo que no 96 visitei ese campo coas finadas Brigadas Vermellas nunha eliminatoria de copa, da Copa do Sar na que fatídicamente caímos en semifinais contra o San Mamede con roubo arbitral incluído
e posterior xuízo do árbitro e linieres contra o clube. O domingo, volvimos a gañar como hai 13 anos.
-
Na grada sentei ao lado de dous históricos, dous heroes do 97, que reciclados a outros deportes non se despistan do que nos ocorre cada domingo. A loita, poderío físico, entrega e sacrificio de Enrique Fandiño, e ao seu carón o home con máis partidos oficiais na historia do Sigu, José Antonio Veiga “Biurrun”… Os dous comentan o partido, alaban a claridade nas liñas do equipo, o bo posicionamento, o exquisito terreo de xogo de Vilatuxe, o mal trato que algúns lle dan á pelota, a sorprendente posta de Amancio no lateral dereito, a cantidade de balóns polos que ten que pelexar un Toni moi illado na dianteira, ou a boa acción do adestrador do Vilatuxe quitando ao porteiro local tras a agresión ao noso Capi. Bravo por eles, gústame ver aos nosos históricos ligados ao clube, cada semana no Lino Balado vexo ao mencionado Biurrun, a Maikel, a Carlos Rico, a Castro, a Nicolás, a Balsa, a Suso…
-
No tocante ao partido… buffff… que queredes que vos diga amigos, que me aburro moito na grada, que o xogo non é o mellor que poderiamos practicar, que a suposta “seguridade defensiva” non é tal, que cando nos poñemos por diante no marcador parece que acaba o partido … todo isto vai valendo mentres gañemos, pero o día que as cousas non saian … non sei que pode pasar. O domingo, mesmo estivemos tempo cun home máis ca o Vilatuxe e parecía que a superioridade tíñaa o equipo da comarca do Deza. Entendo o tema de defender ben, de manter a portería a cero, de que unha oportunidade sempre se ten…, de que no fútbol de hoxe trunfan homes coma Capello, Benítez, Mourinho…, ou incluso o de que tres puntos son tres puntos e non importa como, só me gustaría deixar para os blogueiros unha reflexión de colleita propia: “Supoñendo que técnicamente somos dos mellores da liga (Germán, Borja, José Angel, Tony, Javi, Paderne…), que fisicamente estamos coma motos (ver segunda parte partido contra San Marcos), que tácticamente plantamonos no campo ben. Por qué xogamos tan mal?.
-
Braulio Veiga (ex-presidente do Sigüeiro FC).

20 comentarios:

Anónimo dijo...

Podedes criticalo todo o que queirades, pero ten máis razón ca un santo.

Anónimo dijo...

tiene toda la razón del mundo, pero el objetivo está claro, cuanto antes se consiga la permanencia antes se podrá jugar bien, y con las consiguientes derrotas claro!!

Anónimo dijo...

a verdade e que xogamos bastante mal pero que vamos gañando e iso de momento é o bó, a ver se o Lelo-team colle confianza e pouco apouco mellora o seu xogo.

Anónimo dijo...

Eu creo que o problema é que non sabemos para que xogamos; ¿para ascender? (como así o penso eu) ou ¿para non descander? (como di o segundo anónimo).

Anónimo dijo...

eu creo que estaremos na parte alta da clasificacion ahora ascender xa non sei a ver que pasa co estudiantil, equipo pa non sufrir hay de sobras

Anónimo dijo...

pois eu penso que somos equipo para ascender e que temos que ascender. de momento solo tropezamos contra ao agolada, hoxe gañamoslle ao dubra, e igual as 7 xa somos lideres. asique eu creo q se somos capaces de non perder fronte villestro e estudiantil e gañamos ao cogalrodeiro e silleda. ascendemos de calle!

O raposo colorado dijo...

Menos al quue hai un tipo con un par, dicindo que non xogamos a nada. o que pasa moitas veses e que o resultado manda pero ese non é o espiritu dun equipo de Rexional.

platini dijo...

Ascender e para que ?para sufrir eu creo que estamos ben aqui

WwWwW dijo...

Platini ascender, para seguir crecendo...

Anónimo dijo...

Sigüeiro 2
Dubra 1
--
Marcos Vigo e José Ángel (de penalti)

Anónimo dijo...

... e seguimos sen xogar un pemento

3D´s , pelotazos,chetos pandilla dijo...

Vale.o prometido e deuda e aqui estou.german defoe eu creo que o embarcamos un pouquiño para colombia e non creo que sea capaz de entonar as letras o chegar a casa e cumplir a promesa de escribir.e dudo que o señor Gil y Gil o faga tamen asique a aposta esta gañada.costarame escribir pero gañeivos os dous.aprendeda a beber e a baixar a orella.

QUE LO VENGAN A VER, QUE LO VENGAN A VER, ESTO NO ES UN DEFENSA... jejejej VEÑAAAAA

Saudos a todos e forza sigu.e por certo xogamos moito mais ca un pemento.e que chova.

Anónimo dijo...

jjajajaja
Toni vaite mirando eso... Eu xa lle podo contar algo os netos... Y sigue la leyenda!! Gil titular xa!! 22N. Oscar a onde foi Maroño?? jajjaja Juan delanterooo!!! jaja Ala o prometido e deuda.

patakas fritidas do pentajono dijo...

bueno bueno bueno....,aki ainda ai xente ke kumple as promesas,nn son o kaiser(ke achikou amazo,jajajaj)pero bueno aparezko x aki....jajajajaaja,o delantero vexo en forma(o da libreria)sempre ta atento a xojada,nn perde detalle,taban boas as patakas fritidas¿?jajajajaja,ala eu xa kumplin aora tokalle o kaiser pajar o karneiro,jajajajjja

Anónimo dijo...

Tou dende a zona Wifi de Marisans... Onde carallo estades??

Anónimo dijo...

Aver se os que soen escribir no blog ven que o blog pode axudar a facer equipo e non a dividilo como moitas veces pasa. Futbo AFICCIONADO señores!!

Anónimo dijo...

da gusto ver como os xogadores van todos xuntos de borrachera

ahi ahi, facendo piña!! jajajaja

Anónimo dijo...

para cuando la cronica?

Anónimo dijo...

Estaría ben que conseguirades entrevistas a persoas que forman parte da historia do Sigu e que nos falen da súa época e a opinión do sigu de agora.
Podrían encaixar ben na seccion de Braulio e el coñece a moita desa xente.

Anónimo dijo...

A crónica, nunha hora como moito tardar.