jueves, 15 de octubre de 2009

Décima semana de Braulio

"Falta Maroño, pero hoxe non ven..." - Capítulo X
-
Se a semana pasada reclamaba un mellor xogo por parte do noso equipo e a resposta foi xogar peor e gañar, pois que queredes que vos diga vexo moitas dúbidas no xogo, as cales me fan pensar na dificultade do ascenso, aínda que non nas de poder estar arriba ó final da liga. Non obstante quedareime mil veces antes coa actitude do clube,dos xogadores e mister, antes que o meu equipo se convirta nunha panda de mercenarios con mal perder coma o famoso Estudiantil, co seu polémico presidente á cabeza. Polo demais nada novo, só que esta vez non houbo inventos no medio do campo, que Amancio xogou no seu lado e que volveu a maxia de Budiño con Munitis, (incriblemente segue sen ser titular). O que cada vez me gusta máis e o chungo que o vai tendo Lelo para facer un once, posto que a xente está implicada, pero son cousas de adestradores, seguro que a el tamén lle gusta esa preocupación. Sae Marcos Vigo e marca un golazo, Munitis mellora o de León, Javi II, iguala o de Javier González, Álex cumple coma Diego, nunca se nota o cambio, e se se nota neste caso ata o de agora é para mellor. Por certo, para cando o debut do mediático Gil?. Esta semana toca o Laro, outra vez ó "quinto carallo" a xogar ó futbol, cando haberá unha liga de equipos da zona do Deza?,se son unha boa porrada deles, e cada día peores se cabe. O que quixera saber eu, é que foi do noso Maroño (10)?, éste non é igual, é que o cambiaron...
-
Braulio Veiga (ex-presidente do Sigüeiro FC).

24 comentarios:

Anónimo dijo...

vaia tonterias que dis Braulio

Anónimo dijo...

e logo?

Anónimo dijo...

e QUE NON APORTAS NADA

Anónimo dijo...

Nunca vin a Alex mellorar o de Diego,Diego e Toni poden facer un partidazo que sempre ban ter criticas,cal e o motibo?
o que non me explico e como pode ter tantos botos Amancio para o mvp?

Diego
Fran Juan Germán Borja
xavi
j.Angel León
Munitis Toni óscar
Defensa:Dura.
Mediocampo:Traballo/xavi e calidade/Jose&León.
Delantera explosiba.

Anónimo dijo...

O teu once non a vas ver na vida, porque Lelo non vai xogar con tres dianteiros (olvídate).

A discusión da portería co paso do tempo está máis aberta. O ano que ascendimos a 2ª non había dúbidas de que tiñamos dous porteirazos, xogou Diego porque naquela tempada estivo espectacular. A pasada tempada Diego xa non estivo tan ben... e este ano Diego só xogou un partido (creo, pode que me equivoque) e pasouno moi mal, foi en Cacheiras e non perdimos porque Deus non quixo que entrasen dúas cantadas súas. Ante este panorama, por que non vai xogar Álex?

PD: Agora que me acordo, Diego xogou dous patidos, non un.

Anónimo dijo...

Supoño e quero pensar q esta páxina empezou como algo positivo para o club...Esta claro q cada un opina e expón segun pensa pero o q sigo sin entender e que clase de coñecementos,estudios, ou condición ten Braulio Veiga para comentar na pax como colaborador ou como queirades chamarlle o que fai. Está claro k as criticas non poden ser sempre positivas pero as comparacións q fai entre os xogadores do Sigu ou incluso con outros clubes utilizando palabras pouco axeitadas...non está moi ben, tampouco creo q teña un criterio moi axeitado non recordo que na sua temporada como xogador fora sobresainte no seu nin moito menos, vamos que calquera o podria facer igual ou mellor q el...por que el? unha persoa polo visto e exposto aqui non grata para moitos dos membros(por non decir a maioria)...

Anónimo dijo...

jajjajajaja as verdades jodeeeeeennn braulio si oh braulio era cristiano ronaldo muaaaajajajajajajajaj. animo siguuu ESTE ANO A 1ª!!!

Anónimo dijo...

Por partes:

1- Lelo si que xoga as veces con 3 dianteiros, ou con 1 dianteiro e 2 interiores (que o final acaban sendo dianteiros, porque suben toda a banda do campo rival). Tamen me gusta a idea de Leon como medio creativo, posto que na banda non esta a xogar de todo ben (esta temporada), e calidade ten.

2- Braulio, como xa dixeron alguns dos implicados no blog algunha vez, non esta para aportar sabiduria sobre futbol, non vai analizar esquemas nin pretende ser un Angel Cappa. E o 'lo que el ojo no ve', ou ese reportaxe coñero dos extinguidos Maracana 06 do blog do Sigu. Simplemente e algo mais que ler no blog o largo da semana, que se non se analiza a procedencia (porque non me ides negar que o 90% das criticas que recibe son por poñer o seu nome o final do articulo, se fose anonimo ou doutro nome non haberia nin a mitad das criticas) sería moito mais triunfal. Braulio e un tio que fala moi ben e ten gracia. So tedes que deixar o marxe o que vos caia ben ou mal.

Anónimo dijo...

Para o 4º anónimo

Diego xogou en cacheiras e en vilatuxe,curiosamente únicos partidos nos que o sigu mantivo a porta a 0.

Estadística:
Álex 4partidos/4goles 1.00
Diego 2partidos/0goles 0.00

Anónimo dijo...

como quedou o sigu?

Anónimo dijo...

Odio darlle a razón a Braulio, pero a verdade e que o partido de hoxe foi un coñazo e xogamos de pena, autenticamente de pena

tomasa dos pitos dijo...

como kedamos oo?

Anónimo dijo...

2-1 perdemos

Anónimo dijo...

podiaMS perder x mais varias oksions deles ou ganar x unha okasion k fallou maroño...carballido necesita minutoss e victor gil ke¿?kandddddddo pensa estrase?¿



siguuu animoooooooooooooooooo



e nn s epode esperar sempre ake se pite un penaltiiii

Anónimo dijo...

Queremos a Cristiano de Ramos!!!

Anónimo dijo...

Non considero oportuno q escriba alguen o que non pode ver diante o 90% da afición por non ir mais ala...gracioso? pero por favor...e o de k fala ben por favor..........braulio para de poñer comentarios a favor teu anda...dedicate o vender o k teñas k vendar

Unknown dijo...

as últimas líneas deste artículo mófase do malos que son os equipos do Deza e eu despois do repaso que lle demos en Laro RIOME RIOME E RIOME;ja ja ja
ah! por certo, o Braulio Veiga era o fillo de Miro Pereira?????
un saudo e sorte o Sigueiro,tedes bo equipo

Anónimo dijo...

bertolaro, ti non eres o porteiro do laro? que o ano pasado apañou un gol de falta de jose angel (que te comeches con patacas fritidas...) busca por el, que esta grabado! si é o fillo de miro pereira, sorprendeme que o sepas,xa que non sabia que a televisión chegaba a laro... hai que o ver o ben que lle fixo o bipartito a este pais xD xa sabemos que temos un equipazo e estamos moi decepcionados de perder contra a vosa banda...

Unknown dijo...

pois esa banda da que falas este domingo pegoubos un repaso

Anónimo dijo...

pois sodes unha banda de rock and roll. e non sei agora, pero o ano pasado estabas tan gordo que parecias un barril. que non levantyabas un palmo cando saltabas. busca polo video vaca!

Anónimo dijo...

si o si este e berto de laro o gordo o que jose lle meteu un gol de falta

Anónimo dijo...

home tanto como repaso....eu non lle chamaria un 2-1 un repaso...quizas mala suerte, mal dia ou k simplemente a suerte lle sorriu o laro....ahora tp creo k sea necesario insultar de esa maneira non hay q perder nunca a educación.

Unknown dijo...

si o ano pasado estaba algo fondon recoñezo e na falta puden facer moito máis pero ese mesmo gordo este fin de semana sacou unha boa man quedando 15minutos que supoñía o 1-2, quitando esa acción e o golazo do central non fixestes máis e nos erramos numerosas ocasións de gol, ah! na cronica do partido fala dun penalti non pitado o Sigueiro e en todo caso sería falta porque foi fora da área,e non salienta o gol anulado o Laro por un fora de xogo que non existe como recoñeceu algún defensa do Sigueiro,o Laro este domingo tedes que recoñecer que foi superior o Sigueiro e de ter mais puntería o marcador sería moito máis olgado

Anónimo dijo...

Vaaaaaaaaaaaale amigo Bertolaro q xa esta q non se pode gañar sempre o xogo é asi o que está claro e o q é unha realidad é que o sigo esta no posto numero 2 con 16 puntos e o laro ocupa o 9º posto jejej