Voltando a ver a xogada invalidada ao Agolada o pasado domingo e grazas aos comentarios da última entrada, dámonos conta que o colexiado non asubía fóra de xogo, senón que non da por bo o gol, porque hai un atacante (que terminará sendo o rematador) dentro da área cando é lanzada a pena máxima.
-
Ademais, o colexiado acerta de cheo, xa que a grande penalidade non se debe repetir, aplicando as normas do fútbol, o Sigü tiña (e así o fixo) botar un libre indirecto.
-
Rastreando pola rede, atopamos na páxina http://www.elfutbolin.com/, o seguinte:
-
"Un compañeiro do executor do tiro penetra na área penal ou colócase diante do punto de penalti ou a menos de 9, 15 m: o árbitro permitirá que continue a xogada. Se o balón entra na meta, repetirase o tiro; se o balón non entra na meta, o árbitro parará o xogo e reanudará o encontro cun tiro libre indirecto a favor do equipo defensor; se o balón bate no gardameta, no traveseiro ou nun dos postes e é tocado por este xogador, o colexiado parará o partido e voltarase a xogar cun tiro libre indirecto favorable ao conxunto que defende".
-
-Os fotogramas da xogada:
-
-
1- No momento do golpeo, o xogador que rematará está claramente dentro da área.
2- O rematador empuxa o balón ao fondo das redes, case na área pequena.
3- O colexiado non levanta o brazo sinalando fóra de xogo, senón que asubía e indica o sucedido.
7 comentarios:
Pois si señor, o arbitro acerta de pleno.
Boa pesquisa, colectivo, e grazas a Diego pola información, tiña razón.
O final nin valoracions, nin nada!!
deixade aos rapaces tranquilos, medio ano poñendoos a parir porque as valoracions eran subxectivas, e agora botadelas de menos
o arbitro acertou na xogada,pero estaremos dacordo en que lle botou pelotas porque normalmente estas xogadas acaban en gol porque estou seguro que nadie na grada nin dentro do campo lle protestou dicindo que o gol era ilegal.Eu creo que se dou conta que o penalti non era e asi rectificou,porque repito os arbitros en estas xogadas nunca se mollan e menos nestas circunstancias.
Non sei eh, no video vese como alguns dos nosos protestan a xogada, ainda que claro, non sabemos se protestaron por protestar, como se soe facer no futbol, ou protestaron porque viron ilegalidade na xogada. De todas formas estou contigo, eu non protestaria no campo se validase o gol.
Saudos
a ver braulio xa se cansou de escribir a sua seccion.
que pouco durou
xa escribira dentro duns dias pra darxe a ti nos dentes jaja
Publicar un comentario