miércoles, 30 de septiembre de 2009

O postpartido: Sigüeiro vs. Agolada

Aquí o vídeo dos penaltis errados o pasado domingo. Nos primeiros segundo obsérvase a grande penalidade marrada polos visitantes; o lanzamento dende os once metros peta no ferro dereito da porta de Álex e o rexeitamento é aproveitado por un rival para mandar a pelota ao fondo das redes. A pesar da esporádica celebración, con pinchacarneiro incluído (fixarse na parte superior do vídeo) non foi suficiente para eludir a posición de fóra de xogo que sinalou o colexiado e polo tanto non dando por válido o gol. Nos derradeiros intres do vídeo, vese a segnda grande penalidade do encontro, na cal José Ángel enviaría a pelota a escasos centímetros do pau dereito da portería defendida polo meta do Agolada.

Tamén, noutro orde de cousas, queríamos aproveitar esta entrada para pedir desculpas polos cánticos saídos dende a parte da bancada na que estabamos situados o pasado domingo, insultando a un xogador rival. Entendemos toda crítica a este patético comportamento e aseguramos que non voltará a suceder. Reiteramos o perdón e pedimos zanxar o tema.

8 comentarios:

Anónimo dijo...

O video vese fatal. En Youtube vese algo mellor:
http://www.youtube.com/watch?v=bF8ezIPT1kE
(tampouco é moita cousa).

Anónimo dijo...

Ahora despois desta entrada pedindo disculpas, só poido decir noraboa polo voso comportamento e rectificación! Así tamén vos facedes grandes e importantes para o Sigu, rectificar e sabelo facer axeitadamente, é unha gran virtude.

Anónimo dijo...

nun penalti so existe fora de xogo cando o rechace do poste ou longueiro o recolle o mesmo xogador que tirou o penalti si o rechace o colle outro xogador nunca e fora de xogo,na imaxe vese que o que marca e outro xogador polo tanto gol legal e error gravisimo do arbitro que non sabe o reglamento.

Anónimo dijo...

Eu creo que estás equivocado, expresácheste mal. A situación é a revés de como o dis. Como vai ser fóra de xogo se o xogador que tira recolle o rexeite¿? eu penso que é ao contrario. Aínda que conste que penso que o gol é perfectamente legal. A verdade é que creo que o árbitro axudounos bastante, sendo sinceros.

Un saúdo, e noraboa por esa rectificación, rectificar é de sabios!

Anónimo dijo...

Señores! O gol anulase porque no momento de golpear o balón, o número 8 xa está dentro da area cousa que non pode facer, asi que acerto do arbitro.

Anónimo dijo...

Gtran apuntamento dese anónimo do regulameto estrano. Non pasara algo parecido nun partido de Copa do Rei ¿? O árbitro anulou o gol por fora de xogo ou por estar dentro da área ¿? Eu penso que foi pola primeira.

Anónimo dijo...

É que normalmente se o outro xogador entra na área antes de que o dianteiro chute, o árbitro debe mandar repetir o penalty (como tantas veces pasa), non anulalo.

Eu teño a mosca detrás da orella, pitara unha cousa ou outra creo que está equivocado. Pero en fin, posiblemente nos salvara dunha derrota..

Unknown dijo...

Son Diego, o penalti, se o paramos os porteiros e estamos adiantados da línea de gol, repítese; se estamos adiantados e o meten, non se repite. Igual para o caso de que o rival incumpla as reglas, se están dentro da área e se aproveitan do rechace, non se repite e anúlase....por sorte, neste caso, o árbitro ACERTOU!