domingo, 20 de septiembre de 2009

TABEIRÓS 0 - SIGÜEIRO 2


O Sigü volta a cumprir
-
Nove de nove puntos posibles. Javi II e José Ángel anotaron os goles da victoria vermella nun dos campos en peor estado da liga
-
Volvía o Sigü ao lugar onde o ano pasado comezou a ver a luz da permanencia. A tempada pasada neste mesmo terreo de xogo debutaba Lelo e o Sigü levou os tres puntos de Tabeirós grazas aos goles de Samuel, Toni e Iván.
-
Este ano a historia é moi distinta. O Sigüeiro chegaba na tarde de hoxe a Tabeirós coa intención de levarse os tres puntos que lle permitan consolidarse na parte alta da clasificación dende as primeiras xornadas para o final, quen sabe, poder optar incluso ao ascenso.
-
O partido foi, con moito, o máis aburrido dos tres que levamos oficiais. Nun campo inpracticable onde a pelota non lograba circular e fronte a un conxunto de dubidosa "profesionalidade", xa que pasaron todo o encontro recriminándolle ao árbitro accións absurdas.
-
Para ver o primeiro lanzamento a porta do partido, tivemos que esperar máis de vinte minutos. A ocasión correu a cargo de León que golpeou dende fóra da área, pero a pelota perdeuse a un par de metros do pau dereito da porta do meta local. Pouco despois o lateral esquerdo do Tabeirós (que a quixo liar durante todo o xogo) pisotea a Toni, polo que o colexiado asubiou falta entre o pico da área e o córner; Borxa puxo o centro e Javi II remataba ao fondo das redes. O Sigü dominaba, pero non chegaba con moita frecuencia. O segundo gol non tardou en chegar, obra de José Ángel, quen regatearía a varios rivais e golpearía dende fóra da área grande para marcar o 0-2, que co paso do tempo sería definitivo. Reseñar, que a mellor ocasión do conxunto de Tabeirós sería un "disparo-despexe" dende campo propio que Álex botaría a córner logo dun bote complicado.
-
Se a primeira parte foi mala, a segunda conseguíu ser peor. Agora o Sigü anulara por completo a un rival que está moi limitado para practicar este deporte. Poucas ocasións para ambas escadras: para o Tabeirós, número redondo, cero; para nós, un par delas nas botas das substitucións do segundo acto, Munitis e Marcos Vigo. Boas novas para o Sigüeiro son as reaparicións de Paderne e Óscar, xa que ambos viñan de estar no dique seco por lesión. Con este panorama chegouse ao final do partido, un Sigüeiro que voltou da aldea de Tabeirós con tres puntos no peto (e xa suma nove) e coa sensación de facer as tarefas.
-
A vindeira cita será contra un recén ascendido, o Agolada, o próximo domingo vinte e sete de setembro no Lino Balado.
-
Por último destacar que este blog chegou a cifra de 50 mil visitas en menos dun ano. Só nos queda dar as grazas e seguir agardando aos habituais lectores/as deste site.
-
-Hoxe no SFC:
-
Álex; Fran, Germán (substituído por Manu Regueiro), Borxa e Amancio; Jesús Carballido (substituífo por Munitis), Javi González, Javi II (substituído por Paderne), Jose Ángel e León (substituído por Óscar); Toni (substituído por Marcos Vigo).
-
Para ver as fotos do partido, clica aquí.

27 comentarios:

Anónimo dijo...

este é o mellor sigu (en xogo e en resultados) dende o ascenso de 2002

Anónimo dijo...

en xogo???


Bravo, 50.000 visitas!!

Anónimo dijo...

está claro q aqi solo opinan neniños e papiolos. e oxe ós neniños empezalles o cole e ós papiolos a festa. panda de monas.

Anónimo dijo...

Perdona pero os neniños que dis ti que estan na escola acabo de velos eu no san mateo.FORZA SIGU

Anónimo dijo...

Que milagro oxe non se encumbra a ninguén!!! Que raro, non??? Que pasa que onte os vosos amiguiños non xogaron ben??Como se lle ve o plumeiro a algúns!!! Un blog do sigu... xa!! xa!!

Anónimo dijo...

Un apunte, o primerio gol foi en propia porta. As valoracións??

Anónimo dijo...

Efectivamente, onte o Sigüeiro non xogou ben. É culpa nosa?? Que é o que non fixemos ben?? Non sabedes o que decir con tal de criticar.

Anónimo dijo...

tan sequera agora o sigu sabe ao que xoga, ese era o problema destos ultimos anos. non se xoga bonito, pero si se sabe ao que xoga...

Anónimo dijo...

diras que agora saben o que fan porque o que se di xogar...non se xoga moito. balon pa diante e a matarse cos defensas deles. futbol? non creo

Anónimo dijo...

sodes todos uns payasos.o ano pasao criticando porque non se gañaba e este ano porque non se xoga.ide pa casa!arriba sigüeiro e arriba xuventude.

Anónimo dijo...

pero criticou alguen por non xogar? aprende a ler...

Anónimo dijo...

arriba o xuventude ostia!!

Anónimo dijo...

Eu o único que saco en claro do partido de Tabeiros e que o Capi, ten que xogar adiantado. Onte apenas tocou bolas pero ainda con esas tivo tempo de deixar so a Toni co porteiro, facer o mesmo con Carballido, meter un gol e cada vez que daba un pase creaba perigo. Eu so espero que Lelo siga apostando por el adiantado. Vai ser beneficioso para o equipo (vai xerar moitisimas ocasións de gol), para os xogadores que xoguen preto del (van recibir balóns en moi boas condicións de cara o gol) e para a xente que vai ver os partidos (porque o sigu vai meter máis goles seguro).

Anónimo dijo...

O que pasa con Jose é que é o mellor atacando, pero tamén defendendo (obviando a algúns defensas). E como no mediocampo non temos demasiados efectivos, é o capi o que ten que sacrificarse. Viría moi pero que moi ben un xogador de características defensivas no medio, para descargar ao capi de esa función, pero é o que hai, a plantilla xa está pechada. A pesar diso creo que hai equipo para estar arriba (non digo ascender, pero sí estar na metade superior da táboa). O problema sería unha hipotética lesión de Jose Ángel, podería ser catastrófico.

Anónimo dijo...

a ver esas valoracions!!so as poñedes cando xogan ben os coleguillas,dades ben pena pa unha vez,non tedes personalidade pero claro que se vai esperar de 4 gatos con 10 aniños que ainda se fan popo encima.

Anónimo dijo...

as valoracions?un 10 a todos os que che caen mal rompecollons!! Que mira que eres pesado.eres o mesmo sempre.largate de aqui dunha vez anda.que xa aburres.se hay xente no sigu que che cae mal,colle e vaite animar o luaña se queres.que a xente coma ti sobra.deixa xa os xogadores que xa te coñecemos todos.

Anónimo dijo...

fenómeno se levas lendo tempo este blog, saberás que as valoracións dos xogadores fanse nos partidos da casa, como a botación para o MVP... asique deixa de falar senon te enteras de nada

Anónimo dijo...

¡¡Largate de aqui pesado!! que eres un cizañento.estas queimado con algun e jodeche que o faga ben??pois apañas porque ainda animaremos mais a todos os que che caigan mal.a ver se te aburres e os deixas en paz paspan.

Anónimo dijo...

a calar pailans que ainda non explicastes o de que volveran a escribir aqui os anonimos,pailans que sodes uns pailans.a ver si alguen crea unha paxina decente do sigüeiro,na que non rajen dun equipo de nenos como é o xuventude.tontos que sodes tontos.

Anónimo dijo...

¿Pero a quen se lle ten odio neste blog? Anónimo, canta claro! Deixa de insultar e de decir tonterias...

Anónimo dijo...

Facía tempo que non entraba...pero esto pouco cambiou...insultos, faltas de respeto, facer super estrelas a tres ou catro e non ó grupo,.... para cando unha páxina DECENTE do Sigu Marcial? Esto é un blog do Sigu...pero NON a páxina do Sigu...Arriba Sigu, Arriba PLANTILLA, GRUPO, arriba Xuventude, todos xuntos SOMOS o Sigu, e para examplo a aparición de Carballido, entrenamento dos xuvenis, entrenamento dos porteiros con Lamas, entrenamento do porteiro do xuventude con Alex e Diego...eso é traballar como un único EQUIPO e non as trapalladas que ESCRIBIDES os catro de sempre...empezando polos que "MODERADES" (poño entre comillas, porque moderación é o que non hai por ningún lado, e permitides atacar a xogadores, institucións, etc)....

PAXINA DO SIGU XA!!!! Facede encuesta, que eso dásevos ben!!!!! (sen trampas ;))

Anónimo dijo...

CALQUERA QUE CREA QUE POIDA FACELO MELLOR QUE SE FAGA UN PUTO BLOG OU UNHA PUTA PÁXINA E ACABADES CON TANTA TONTERÍA

Anónimo dijo...

seguides evadindo o dos anonimos.

ToniGol dijo...

Creo que é evidente, e ata creo que se dixo no seu día, pero para os "rezagados" (forma fina de decir que alguén é retrasado): os anónimos volvéronse a permitir porque a participación do blog (que non as visitas) disminuira. Que pasa¿? Onde está o problema¿?

Iso sí, eu sempre o dixen, isto de que cada un poida entrar aquí a faltarlle ao respeto á xente coma se nada é algo que hai que correxir. É que algúns entrades sistemáticamente a facer dano (cousa que pola miña parte non conseguides, estas cousas resválannos bastante para ser sinceros), e despois temos que aguantar críticas como que "somos uns rapaces inmaduros". Hai algo que non cadra: se alguén aportou educación en todos os debates que levamos tido dende fai case un ano, fomos nós, case única e exclusivamente (grazas a deus que non somos os únicos); e non vós, os "supostamente maiores", que entrades aquí pensando que a nós vanos a vida nisto e case que non, eh. De vós, os expertos e maduros maiores, levamos visto dende vaciles ata ameazas (a "rapaces"!!!). Decídime se iso non é triste...

E por outra parte: nunca entendín (e sego sin entender, nin entenderei) a que veñen esas críticas que din que nós encumbramos a 3 ou 4 xogadores e que non valoramos ao resto. Estades moi pero que moi equivocados, é evidente (e totalmente lóxico) que cada un ten as súas afinidades, e que eu saiba non se poden nin deberían criticar estes gustos e preferencias. A min gústame Toni, como podería gustarme Borxa, Diego ou Paderne, por citar algúns. Pero non porque me guste Toni deixan de gustarme os demáis, e se vexo que calquera dos outros ten unha actuación reseñable vouno decir, porque o contrario sería faltar á verdade e eludir datos (vamos, a demagoxia que facedes vós, sen ir máis lonxe). Non teño ningún problema niso, e incluso fágoo con gusto, que ao final se pensamos un pouquiño son xogadores que cada domingo se poñen a camisola do Sigüeiro FC a defender as nosas cores e os nosos intereses.

Anónimo dijo...

ahi tendes unha clase de educacion e civismo k vos da un "rapaz".aprendamos.

Anónimo dijo...

seika non decides nada ou ke?

Anónimo dijo...

Eu opino, (se me deixades) que o que deberiades facer e permitir os anonimos pero se se falta o respeto ou pensades que non é xustop que estén aquí..borradelos e acabouse!! a quen non lle guste xa sabe...ten unha X arriba a dereita da ventana...e que se poña a mirar porno!!