domingo, 27 de septiembre de 2009

SIGÜEIRO 1 - AGOLADA 1


Empate nun partido complicado
-
Ambos conxuntos puidéronse levar os tres puntos. Ocasións nas dúas porterías e un penalti marrado por cada un
-
Todo apuntaba a unha nova victoria do Sigü. O/A siareiro/a estaba agardando conseguir de novo tres puntos que permitiran seguir tendo pleno no casilleiro. O clima acompañaba e unha boa entrada no Lino Balado facía unha tarde agradable para ver fútbol. Visitábanos un recén ascendido, que nin sequera goza de nome, Agolada, pero plantouse moi ben en Sigüeiro e desmostrou que ten algún xogador de certa calidade.
-
Comezou o encontro cun Agolada que sorprendeu aos nosos, varias ocasións de perigo e mesmo un balón ao pau. Co paso dos minutos o partido foise nivelando e o Sigü puídose adiantar en dúas acións moi boas, que serían neutralizadas polo porteiro e polo pau respectivamente. Nos últimos dez minutos da primeira metade, producíase un córner na parte esquerda que acabaría no fondo das redes, logo do remate no primeiro pau dun xogador rival. O Sigüeiro foise cun resultado negativo ao intermedio e Lelo mandou a Javi González facer exercicios de quecemento para sustituilo a volta do descanso por un desdebuxado Javi II.
-
Nos primeiros minutos do segundo acto, o adestrador vermello, tamén decidíu dar entrada a Toni, Óscar e Xabi, que volvía a xogar despois de levar un tempo sen facelo. O Sigü mellorou, pero non trenzaba xogadas de medio campo para arriba. O Agolada puido finiquitar o encontro a redor do minuto sesenta e cinco, cando o colexiado asubía unha pena máxima inexistente, que por sorte para o noso equipo remataría en fóra de xogo, logo de que a pelota petara no ferro. Tan só tres minutos depois, o colexiado recompensaría ao Sigü ao señalar un penalti, de dubidosa existencia, tras unha caída de Óscar na área grande. O Capitán lanzou e fallou a grande penalidade, pero remendaría o seu erro ao enviar o balón ás redes visitantes, cun golpeo na área pequena tras un fallo do meta rival, poucos minutos despois. Os últimos quince minutos traducíronse nun querer e non poder, un Sigü esgotado non lograba chegar á porta rival e mesmo puido perder o encontro, cando nos derradeiro instantes o Agolada envía un balón ao traveseiro.
-
-De penlti en penalti:
-
En tres minutos o partido puido trocar de forma radical. Primeiro no lanzamento de penalti do Agolada, no cal de transformarse perdíanse todas as esperanzas de victoria vermella. O lanzamento da pena máxima asumiríao o polémico xogador número once, que quixo lanzar o penal para acto seguido celebralo coas bancadas do Lino Balado que o tivo marcado dende os primeiro minutos de xogo. Co Sigüeiro perdendo pola mínima, encontrábase cun penalti a favor que podía significar o empate inmediato e máis tempo por diante para lograr un segundo gol que significara a remontada. Pero o fútbol é caprichoso e ningunha das dúas penalidades rematou en celebración. A partir de mañá, poderase ver o vídeo de ambas accións.
-
A vindeira cita co Sigü, dentro de sete días, no campo do tamén recén ascendido Vilatuxe.
-
-Hoxe no SFC:
-
Álex; Amancio, Manu Regueiro, Borxa e Fran; León, Paderne (substituído no minuto 50, por Xabi), José Ángel, Javi II (substituído no minuto 45, por Javi González) e Jesús Carballido (substituído no minuto 52, por Toni); Marcos Vigo (substituído no minuto 55, por Óscar).
-
Para ver as fotografías do encontro, clica aquí.

33 comentarios:

Colectivo Esloveno dijo...

RESULTADOS:

Cogalrodeiro 3 - Montaos 2
Villestro 5 - Laro 1
Portomouro-Dubra B
O Pino-Vilatuxe
Sigüeiro 1-Agolada 1
Estudiantil 2 -Tabeirós 0
Vea 1 - San Marcos 0
A Baña 0 -Cacheiras 12
Silleda 0 - San Mamed 2

Anónimo dijo...

Agolada é un equipo que vai estar arriba, que sexa recén ascendido non ten nada que ver, tanto eles como Estudiantil van estar arriba. Un equipo moi bo o que teñen, cun segundo punta (o rubio) moi bo (ex do cogalrodeiro).
Por outra parte, paréceme lamentable ver como parte da nosa aficción se puxo con certos xogadores contrarios, moi lamentable, con insultos e cantos que non están a altura do nome do sigüeiro. Eu convido a tódolos seguidores do sigu que vaian ver os partidos qeu se comporten e que traten con educación os rivais, eso é unha aficción brillante e honrosa.

Anónimo dijo...

Totalmente dacordo co último comentario. Pareceume lamentable os gritos de "maricón", etc hacia un xogador rival (que non sei se me perdín algo durante o partido) pero que non fixo nada salvo ter o pelo teñido con mechas rubias, resaltar o bo comportamento que tivo todo o partido, porque non é fácil estar en 2ª rexional aguantando "tonterías" de este estilo. Lamentable a parte dos siareir@s do sigu que estiveron esta parte do partido ensuciando a imaxe dun equipo respetado hasta ahora polo seu señorío, esperemos, como siareiro do sigu que esto non se volva a repetir...porque hai moitas formas de animar ó teu equipo...pero a de facer gritos racistas, machistas, sexuales, non están lincados co nome de Sigüeiro...

Anónimo dijo...

xenófobos de merda!

Anónimo dijo...

xenófobos de merda...e sobre todo homofobos de merda!e estabades con palestina...ide cagar!

Anónimo dijo...

A min encantame ver tantos rapaces e con tantas ganas de animar no campo.a verdade e que da gusto.e espero que vaia a mais.pero a verdade e que non estou de acordo cos insultos.gustariame que os suprimisen porque a verdade e que axudan moito o equipo animando.

Anónimo dijo...

as valoracions??????

Anónimo dijo...

O xogador número 11 fixo un xesto as bancadas, cando estas lle ricriminaron unha falta. Entón a partir de ahí comezaron os cánticos. Ademais este mesmo xogador agarrou as súas partes cando marchaba cara o vistiario no descanso...

sigu sempreeeeee dijo...

e fixolle o korte d manga e tokaba a suas partes e knd entrou acia a zona d vestuarios kousa k ffixo ao rapazes k son un rapazesss a meterse kon ellll

Anónimo dijo...

Non digamos cousas que sabemos que non son. Chamarlle a un futbolista "maricón" non é algo despectivo pola súa condición sexual (que cada un é libre de ter a que quere), senon coma un insulto máis coma tonto ou parvo. Neste caso, o xogador parecíase a Guti e recibiu o mesmo cántico ca el cando vai a Bilbao (con aficionados de esquerdas) ou cando vai a xogar contra o Betis (afeccionados de ultra dereita).

Anónimo dijo...

pois esooooo eeos do bonboooo aiiiii dpmmmmmmmmmm jejejej

Anónimo dijo...

o que estades decindo e que o dianteiro rubio fixo iso e vos poñedesvos a altura del?unha ou sodes parvos,moi novos ou as duas cousas...e mais ben creo que é isto último.
e o listillo que mete o politiqueo de esquerdas e dereitas,pois que non dis nada,xa que na historia tes un bo exemplo:hitler perseguia ós homosexuais,mussolini non(dereitas)e eran os dous uns animais como stallin(esquerdas)...non tedes disculpa.

Anónimo dijo...

Fixemos mal¿? Pode, pero o rubio, para irse de figurín, quixo lanzar o penalty (coa clara intención de adicárno-lo gol), e por facerse o guay do Paraguay, tirouno, fallouno, e sacámolo do partido, como xa fixemos con algún que outro xogador nos últimos tempos.

Anónimo dijo...

Pero imos a ver, que lle chamamos rubio como lle puidemos chamar 'tonto da virgen'... homofobia¿? homofobia sería non chamarlle maricón por consideralos diferentes¿? ou é que se alguén é maricón hai que tratalo de diferente maneira e non chamarllo¿?¿? iso sí que é homofobia colega.

Anónimo dijo...

Pois só toca pedir perdón se alguén que acudíu ao campo sentiuse molesto. A única intención era sacar dos seus casilleiros a un rival que foi un provocador coa bancada.

Anónimo dijo...

o numero 11 e un gran xogador en todolos sentidos, eu non vin tales xestos pero bueno... en todo caso, xa lle vin varios partidos e non se lle pode reprochar nada. unha gran aficcion dedicase a animar ó seu equipo e a deixar de lado ,ó rival, senon preguntadelle ó equipo que lles gusta mais. dame que o de onte serviu, para, polo que escoitei por ahi,ter un partido mais que caldeado cando toque xogar en lalin,e despois veñen os follons, follóns que non veñen a nada.

Anónimo dijo...

Un rival pode facer o que quere, o que non hai que poñerse é a súa altura. Para min o rubio ese estivo de maravilla, tanto no xogo como no demais, portouse como debería. A min dame vergonza que os nosos xogadores vaian por ahí disculpando a nosa aficción, como fixeron onte con ese xogador. O peor é que cando toque ir a lalín xogar contra o agolada esta xente que insultou os contrarios non van ir apoiar o equipo, e para buscarlle problemas o equipo e mellor tar calados ou animar tan so o TEU equipo.

Anónimo dijo...

a ver si alguen pon as valoracions e fala do partido non das gradas-animo sigu.cal seria a tua alineacion conta o vilatuxe???????????

Anónimo dijo...

Totalmente dacordo con que foi un erro insultar ao número 11 e que é un bo futbolista. Pero si que lle dedicou un par de malos xestos a bancada. A pregunta é senon fallara o penalti, ¿que faría? Eu estou seguro que non iba a estar quieto e ao mellor non estariamos a falar dun home de moita de deportividade.

Anónimo dijo...

o mellor o delegado de campo jijijij

ramelle dijo...

un dia destos collo o tractor,enjancholle o arao e espeto no campo...despois vai xogar cristo,e saira aqui a foto do meu SAME

Anónimo dijo...

jajajajaja que animalada!!

arrostia dijo...

non hai que intentar escusarse de ningun xeito polo feito, cagamola e punto, e anque fixera algun xeito contra os siareiros baixo ningun concepto merecia o que fixemos
so queda pedir perdon e calar

Anónimo dijo...

Por fin un con sentido!!!!!! Por fin!!!!

Anónimo dijo...

Hostia meu, pois levamos media entrada pedindo perdón...

Anónimo dijo...

Creo qe se vos olvidaron as valoracions pero non me fagades moito caso.

Anónimo dijo...

As valoracións xa están feitas, pero non se poden colgar por problemas ca páxina.

Tamén se intentará colgar os vídeos dos dous penaltys fallados, se nos deixan jeje.

arrostia!! dijo...

levades media entrada pedindo perdon, pero agochados polo tema da merda de xesto que nos puido facer, que e o que a min me rebenta

ToniGol dijo...

Quen se xustifica ben sabemos ti máis eu quen foi (porque polo menos eu ben sei quen es ti), pero non me metas no saco, o que fixese ou deixase de facer o '11' do Agolada non ten nada que ver ca nosa actuación. Deixemos o tema.


Ou é que ninguén vai falar do penoso partido plantexado por Lelo¿?¿?

-arrostia dijo...

de puta nai xd
certo, ainda non se falou do mais que desconcertante plantecamento do adestrador, e facia falla meterlle caña con iso

Anónimo dijo...

Ninguén vai dicir que Marcos Vigo e Paderne son unhos rapaces cojonudos pero que non teñen nivel para o sigüeiro??, o de Marcos pode pasar porque ponlle ganas polo menos,pero Paderne ademais de malo pasa de todo, non corre, dalle igual, por non falar de cando se autoexpulsa, e logo o tipo mosquease cando non xoga como diría Trillo "manda huevos"

Anónimo dijo...

Tes toda a puta razon meu, pero o outro dia colega, Marcos rañou nos huevos todo canto estivo no campo, tanto ou máis que Paderne e Leon, que tamen fixo un partidiño...

Anónimo dijo...

11 para vilatuxe??