viernes, 11 de septiembre de 2009

Nova columna do "ex-presi"

"Falta Maroño, pero hoxe non ven..." - Capítulo V
-
Saio ilusionado para Cacheiras, sen sector africano, pero ilusionado igualmente. A primeira xa ma dan na frente, 4 euros pola entrada, e sen consumición...; polo demais ben: mediáticos nas bancadas, os "tontos" de sempre meténdose co árbitro... dis que o do fenómeno do seu lateral non é expulsión?!... en fin, cero a dous en Cacheiras e andando. Un favorito ao que nos impuxemos con claridade (digo no resultado), porque na cancha foron algo superiores, sobre todo no inicio da segunda metade, pero grazas (en gran parte) ao Kaiser de Porto Avieira mantivemos a porta a cero. Dende hoxe para min xa non é Germán, chamareille Miroslav Djerman, que tivo un debut oficial impresionante. O resto do equipo ben, máis ou menos na liña do ano pasado, salvo dúas excepcións, que por ser excepcións, non as mencionaremos, pero si lembramos as palabras do máxico adestrador paraguaio "Chino Villalba": -Fulano, tu ayer estuviste follando, ¿no?... Sí es así nada que decir, pero sino.... ¿a que viene estar así de mamado?- pois o dito, seguiremos con atención as evolucións do xogo do equipo de Lelo. As fichaxes pódense acomplar con garantías ao once... Ah! e todavía falta Maroño, pero logo ven...
-
Braulio Veiga (ex-presidente do Sigüeiro FC).

11 comentarios:

Anónimo dijo...

A 33 grados estabamos o domingo señores,o primeiro partido da tempada e en plena pretemporada,non sei qe mais se pode pedir.Unha cousa qero decir,agora non fala nadie e espero qe cando axa derrotas todos sigades asi de calados porqe aqi so falan catro espavilados cando as cousas van mal,asiqe apechugando todos para o bo e o malo.

Anónimo dijo...

queixaste de que che cobren pero aqui tamen se paga, e xa me contaras ti a consumicion que che dan

Anónimo dijo...

Deixao,e un moi moi mal chiste.Seguides dandolle o sector africano ... sodes pesados eh,sodes duas persoas as que queredes que veñan e seguido zoando.Djerman vive en Bertamirans.

Anónimo dijo...

a verdade é que o chiste é malisimo jaja é normal que haxa menos comentarios xa que o partido foi fora da casa... Miroslav Djerman jaja agora vive en bertamirnas ¿? pois eu tamen pensei que era de porto avieira

o domingo a pola goleada fronte aos chacaritas do san marcos!!

Anónimo dijo...

Chacaritas si, pero veñen como líderes...asike vamos un pouco máis de humildes.

Anónimo dijo...

Por favor, esta sección sobra!!! Pareceme ben que actualicedes o blog con mais frecuencia, pero vos creedes que esta sección sirve de algo??? Para falar de futbol hai que saber de futbol e creo que Braulio, sabra de moitas outras cousas, pero non o vexo eu como un analista de estilos de xogo. Que pode aportar polémica?? Se é iso o que buscades, daquela probablemente, funcione, pero para falar de futbol... probablemente nos fale do numero de bicicletas que se fixeron no partido, dos caños, sombreiros e demais adornos...

Anónimo dijo...

Pois claro que o que buscan e polemica.

SOCIO NÚMERO 69 dijo...

Ola a todos: Son Braulio, nesta tempada por motivos que ainda descoñezo son o socio número 69, cambiaronme, só quero puntualizar que eu non fago comentarios sobre o estilo de xogo nin nada parecido, o colectivo esloveno fai cada semana unha crónica do partido e esa e a que tedes que ver , o meu será simplemente unha colaboración semanal sobre experiencias relacionadas cos partidos do Sigüeiro, nunca crítica nin alago solo opinión, e non son un polemista simplemente un amante da liberdade de expresión, neste pais se a cara des cuberta todo o mundo dixese o que pensa cambiarian as cousas, eu a German chamolle o kaiser de portoavieira porque viviu moitos anos en POrto Avieira e porque a súa relación co sigu virá por ahi non¿?, e a min impresionoume o seu debut e por eso o digo, e houbo xente que me non me gustpu e tamén o digo simplemente que por ser o primeiro partido non poño aqui o nome, pero eles sabeno mellor ca min que non estiveron ben , e por certo ó finalizar o encontro dixenllo en persoa e despois no bar tamén así que serán o suficientemente intelixentes para n on enfadarse.
SOCIO NÚMERO 69,
Por certo algún podía deixar de falar tanto e pagar o carnet que nestas épocas de crise todo esforzo polo sigu será moi valorado.

Anónimo dijo...

Pero que queredes, que fichen a Cappa ou Valdano para que nos veña analiza-lo estilo de fútbol de Lelo???

Hai máis cousas das que falar que de coberturas defensivas e xogo entre liñas dentro do fútbol. E penso que Braulio é bastante axeitado para esta tarefa.

Por que non falades de esta entrega, que está caralluda jaja. 'O Kaiser de Porto Avieira', xa lle quedou para sempre.

Anónimo dijo...

Alguen me poderia avisar se se actualiza algo hoxe.Gracias

Anónimo dijo...

sigu 2 - 1 San Marcos OLE OLE!!!