viernes, 18 de septiembre de 2009

Sexta semana de Braulio

"Falta Maroño, pero hoxe non ven..." - Capítulo VI
-
Tarde calurosa no Lino Balado, calurosa na temperatura externa e na interna do público e xogadores, partido no límite da legalidade... como me gustan!, o Colectivo Esloveno fervía nas bancadas de Sigüeiro e nun partido coma este, sempre axuda. Impresionante de novo Miroslav Djerman, só que na segunda parte estivo acompañado por Borxa, gras decubrimento como central, tipo duro, fútbol fácil... típico alemán, dende esta semana coñecereino como Borxensaker. Non me gustou o de M. Juncal, nin o de Lelo non cambiando ao pequeno de Pepe antes, parecía algo que se vía vir. Munitis estivo increible, sigue sendo o máis listo da clase. Manu Regueiro, fascinante, a este tío póñalo onde o poñas cumpre e sempre con nota, mellora co paso do tempo, como os bos viños. Toni moi loitador, batallador, peleón e pichichi. Imos ben, o resto dos xogadores nunha liña correcta e sobre todo con fe, creo que están convencidos do proxecto, e iso gústame, gústame moito. Agardo con impaciencia o viaxe a Tabeirós, coñazo de equipo e coñazo de campo, na federación non se darán conta de que este campo é moi lonxe?, por favor! que fagan dunha vez os grupos con lóxica e se deixen de favoreces aos "amiguitos". Socios: "Poñédevos as pilas!" e pasádevos por caixa que os carnés xa levan tempo á vosa disposición, o clube precisa "cash" como sempre e tampouco é tanto. Unha pequena crítica á directiva, o carné de socio deste ano é co fondo laranxa... Laranxa! a cor do Xuventude de Orroroso (ou algo así), home non creo que o carné do Real Madrid teña o fondo blaugrana na vida... Polo demais que esta fin de semana que deixemos de decir que falta Maroño, porque esta vez todo apunta a que voltará...
-
Na foto: Borxa, que debutou no Lino Balado o pasado domingo.

21 comentarios:

Anónimo dijo...

sigüeiro fc,xuventude de oroso e colectivo esloveno ven sendo o mesmo,unha merda.
"cala xa a boca,platos combinados do carallo"

Anónimo dijo...

no primeiro anonimo tedes un exemplo de resentido

o do kaiser foi bo, o de borxensaker non tanto xD

forza sfc!!!!!!!!! un saudo, colectivo!

Anónimo dijo...

Déixao, será de Deixebre e non hai nada que facerlle...

Zambia dijo...

A páxina moi currada, o blog tamén me gusta...o mellor as fotos das categorias inferiores doutros anos!! fantasticas gracias!! Non serei nunca do Sigüeiro (nin que me xogue un fillo!) pero igualmente desexovos moita sorte!

Anónimo dijo...

Este blog cheira moi mal!!! Sempre se fala dos mesmos, dos ídolos de Perico e dos amigos ou preferidos do ex presidente Braulio Veiga. Da igual que xoguen ou que non xoguen aquí saen sempre os mesmos nomes, menos mal que a mairoría dos xogadores pasan desta merda, porque se leen as burradas que aqui se poñen... algún pensabase moi moito seguir no clube. Esto non deixa de ser outra Sigüeirada mais, como tantas se levan feitas o largo da historia. O peor de todo e que os que deron e dan a cara polo equipo e os que conseguiron ascendelo a segunda son os menos valorados, pero bueno así é a vida!!!

Anónimo dijo...

Coira¿? Pablo Coira, ex do Celta¿?¿?¿?

Anónimo dijo...

Pero oiches flipao, que cada un pode falar de quen lle saia das putas pelotas. E se ti falas de Lass, eu falo de Gago se me sae do carallo, por poñer un exemplo.

Anónimo dijo...

ten razón un anónimo,moitos xogadores non lle fan nin puto caso a isto porque é unha charanga,opinións de rapaces que só ven os regatitos e as tipicas mariconaditas,non ven unha falta que corta un contragolpe ou unha axuda en defensa...a ver si a alguen se lle ocurre facer unha páxina do sigüeiro como deus manda.

amen!

Anónimo dijo...

Menuda merda o do color dos carnets! xa podian haber pensado un pouco mais! non será para ingresarlle os cartos os xuvencú? solo faltaba!! que din que está na ruina que nin sequera lle pagan os entrenadores. A ver si algun marcha estarialles ben empleado..

Anónimo dijo...

Señor EX-PRESIDENTE! Por qué non nos deleita vostede a comentar neste blog unha semana o que fixo vostede polo Sigu na súa etapa de presidente? Desaparición de equipos de fútbol base, tempadas sen pena nin gloria, malestar entre a xente da casa que se tivo que marchar a outros clubes... Como olvida vostede o que sangrou "ó seu clube" e agora se adica a meter o puro na boca como o MAFIA LORENZO SANZ....si es que...así nos va!!!!!! PENOSO!!!!! Se a liberdade de expresión é deixar escribir a este home....válgame dios!!!!

Anónimo dijo...

Só un apunte: os rapaces que escribimos neste blog somos 3 ou 4 contados, e non pensedes que nunha entrada na que se chega aos 60 comentarios son todos nosos...


Por outro lado: que fale do que lle dé a gana!! Se ten tanta relevancia é porque vós mesmos lla dades...

ToniGol dijo...

Eu persoalmente estou ata o carallo. Que sempre falamos dos mesmos¿?¿? Pois mira que lle déchedes de hostias ao redactor da última crónica por decir que Amancio xogou ben, ou que Manu Regueiro fixo un partidazo.

E nós, por se non estiveches no campo, botamos toda a puta segunda parte animando; e se Toni foi dos que máis eloxios levou non foi só polo gol, xa que moito antes xa o estabamos a aplaudir moito, se non por todas esas carreiras que botou baixando a presionar ao medio campo, e todas as bolas que peloxou arriba cando era un 'náufrago' no campo contrario. Ademáis que foi o que máis perigo levou á meta contraria...

Nós non temos ningún problema en decir cando un xogador o fai ben, en absoluto; é máis, agradecémolo, porque ao fin e ao cabo o están a facer ben para o noso equipo. A única xente que participa neste blog que lle tan manía a determinados xogadores (como vós mesmos amosades criticando aos que DECIDES VÓS que nós sempre ensalzamos) é xente totalmente allea ao colectivo esloveno. Así que non toquede-lo carallo porque se alguén fai que este blog 'cheire mal' sodes vós, única e exclusivamente.

Non me veñades con topicazos e damagoxia, que aquí non somos do PP nin cegos como para non velo, a vacilar a outra lado.

SEMPRESIGU dijo...

a verdade...non sei...empezo a pensar que vivimos nun pobo onde nos gustan os problemas...

imos ver:

o sigüeiro, 2 partidos, 2 vitorias, a primeira nun campo moi dificil, a segunda despois dunha demostracion de orgullo e coraxe... e aqui estanse a criticar a alguns xogadores do equipo???
señores, que se somos do sigüeiro, apoiemos ó sigüeiro,que por ensalzar un xogador non estas a criticar a todolos demais. eu persoalmente penso que toni fixo un bo partido o outro dia, e outros xogadores non saen tanto a comentario neste blog por que, pode ser, que nos teñan acostumados a amosar un nivel mais regular dende que son xogadores deste equipo, pero insisto, dicir que un xogador estivo ben un partido non creo que sexa criticar a todolos outros.

P.D.

comentarios como: "deixao sera de deixebre", "a cor dos carnets como o xuvencú"(BRAULIO,ESTIVECHES FATAL) ou "non somos do pp" non demostran para nada o que reflexa agora mesmo o noso equipo, asique... deixemonos de idealismos e disfrutemos do noso equipo que este ano dará moita guerra ahí arriba e... cantos anos facia que o sigüeiro non pelexaba en segunda nos postos de arriba?

Alberte Núñez Feijoo dijo...

O de pelexar nos postos de arriba, creo que ainda é pronto para dicilo

Juan Villalonga dijo...

Braulio colleu o clube con unha deuda de máis de 12.000 €, saneouno, gañou unha liga de Xuvenís (creo que polo tanto non se desfixo a canteira) desixeronse os cadetes por bandalismo nun campo no que os destrozos nos vestiarios foron acojonantes, e largouse deixando o clube con cartos, poucos pero cartos.

Anónimo dijo...

En fin Migueliño sigue poñendo a nota de merda e de malaeducacion a esta gran paxina. Vaite dar unha volta con Galloso e deixa de tocar os collos.

Anónimo dijo...

Por que ten que desaparecer esta seccion? É unha seccion graciosa (que non lle ve a graza é porque non lla quere ver) e que non pretende falar dende o punto "táctico" do equipo senón máis un estilo "El día despues" resaltando cousas que non son as máis relevantes do partido, pero qeue si que teñen que ver co clube. A min paréceme que lle da un bo toque ao blog.
O do canet é boa verdade. A cor do Sigu non pode ser a doutro equipo do concello (está claro que a directiva non o fixo aposta). Existe rivalidade e o Xuvencú crealle moitos problemas ao Sigu e neste blog só hai DOUS homes que defenden o equipo de Oroso... e sempre son os mesmos.

puntos suspensivos dijo...

Pois como se Marcial quere poñer os carnets en cor rosa!!!!

(e por certo, os que criticades desa forma ao Xuventude tamén sodes 2 CONTADOS, así que non jodas eh, meu)

A RIVALIDADE ESTÁDELA CREANDO VÓS MESMOS, ASÍ QUE LOGO NON VOS QUEIXEDES SE A ELES LLES VA MELLOR E RECIBE MÁIS AXUDAS.

A ver se vos entra na puta cachola, que non beneficiades en nada ao SFC (é máis, prexudicádelo) falando destas merdas e creando mal ambiente, sobretodo porque o Sigü leva as de perder, de momento.

Forza Sigu!!!

e deixade á marxe ao Xuventude, que nestas lides lóitase no campo, non en despachos nin en internet...

Anónimo dijo...

tabeiros 0, sigu 2

Anónimo dijo...

tomaa¡¡¡¡
quen marcou?

Zambia dijo...

Javi e J.Juncal