lunes, 14 de septiembre de 2009

SIGÜEIRO 2 - SAN MARCOS 1


Remontada a base de fe
-
Os goles de Toni e José Ángel evitaron que os tres puntos se escapasen de Sigüeiro. O esforzo sobrenatural do equipo obtivo recompensa no minuto oitenta e cinco
-
O encontro pometía e non defraudou. Boa entrada no Lino Balado e no terreo de xogo, enfrontábanse dous conxuntos que contaban por victorias os seus correspondentes debúts; o Sigü gañara por dous a cero a domicilio, mentres que o San Marcos goleou ao O Pino na casa (3-0).
-
Saíu un Sigüeiro disposto a todo fronte a un rival que se deixaba facer. A realidade é que non mostraron interese ningún en levarse os tres puntos; confomábanse co empate, e iso notouno o noso equipo que xogaba os primeiros compases en campo rival. Pero ao Sigü faltoulle algo de "chispa" que nin León por unha, nin Jesús Carballido pola outra, soubéronlle dar as bandas. Co paso dos minutos o San Marcos víñase máis arriba e Álex, onte na porta, tivo que intervir de forma meritoria para evitar o gol. Os visitantes "apretaban" e á media hora de partido atoparían petróleo cando o colexiado asubiaría un penalti máis que discutible, por un suposto agarrón dentro da área á saída dun saque de curruncho. Logo de que o capitán do San Marcos tranformara a grande penalidade (clica aquí para ver o gol), chegarían os minutos onde o Sigü o pasaría peor e puido encaixar algún gol rival. De aquí ata o descanso, o Sigüeiro só gozaría dunha ocasión na cabeza de Toni. E de destacar que M. Juncal, se marcharía para os vestiarios con cartón amarelo e un bo enfado.
-
No intermedio, Lelo dou entrada a Munitis no lugar de Jesús Carballido; e este troco resultaría importantísimo no transcurso do encontro. A volta do descanso o Sigü pelexou polo partido ante os ánimos dos/as siareiros/as locais. Con máis corazón que xogo, os nosos pelexaban cada balón dividido, baixaban canto balón aéreo había e facían todo desmarque posible. Gozaríamos de dúas boas ocasión para empatar o partido, unha de Toni e outra de José Ángel. Cada vez máis, o Sigü atacaba con máis forza e sería o killer Toni no minuto sesenta e cinco quen recibiría un balón longo escorado na parte esquerda; empregaría o control para desfacerse dun defensor, recortaría cara ao centro e engancharía un sensacional disparo á cepa do poste contrario. O díficil estaba feito, aínda que dous minutos despois as cousas complicábanse, cando o árbitro amosáballe o segundo cartón amarelo e como lle pasara contra ao Lamela, M. Juncal perdería os papeis e empurraría ao trencilla... Xogando con dez, os nosos fixeron un esforzo aínda maior e continuaban a ser superiores a un equipo que "rabuñaba" segundos ao reloxo cando podía. Xa nos últimos cinco minutos nace dende a parte dereita unha "semi-contra" que se culminaría co centro de Munitis e o remate coa testa do Capi no primeiro pao, que firmaría a remontada. O 2-1 lucía no Lino Balado e xa só faltaba defendelo, ante un San Marcos ao que lle entraran as prisas: que xa non perdía tempo, que xa non desprazaba de forma ilegal o balón e que xa non provocaba como o estaba a facer. Buscaban coma tolos o gol (tras non facelo nos oitenta e cinco minutos anteriores) que non chegou, porque as veces no fútbol tamén se fai xustiza...
-
A vindeira estación é o campo do Tabeirós, que perdeu os dous partidos que leva disputados. O domingo pasado fronte ao Portomouro e onte contra O Pino.
-
-O SFC, un por un:
-
Álex - non tivo demasiado traballo. Non puido facer nada no gol ao ser de penalti e intervíu de boa maneria na primeira parte evitando que os visitantes se adiantaran.
-
Borxa - non se lle contabilizou nin un só erro en todo o encontro. Non se prodigou en ataque, pero en defensa é un baluarte.
-
Germán - estupendo partido no que só cometeu un erro de comunicacíon con Álex, que remataría nun libre indirecto por cesión. O Kaiser, é un auténtico seguro que ademais sabe como sacar a pelota, tanto en longo, como en curto.
-
Manu Regueiro - partidazo de Manu, que comezou no centro da defensa e rematou moito máis adiantado. Está consolidándose como central e isto é unha moi boa nova, trala baixa de Xabi.
-
Amancio - cumpríu sobradamente. Sen lucirse, pero sen erros. Contundente no despexe e sen complicacións.
-
Javi González - desaparecido en ataque, pero ben en defensa. Onte non foi o seu partido e mostrouse lonxe do que normalmente fai.
-
José Ángel - o capitán comandou ao equipo durante todo o partido. Clave sobretodo na segunda metade, incluso chegou a porta en varias ocasións.
-
Jesús Carballido - debutaba no Lino Balado coa camisola do verdadeiro clube da vila, intentouno, pero as cousas non lle sairon. Pode dar moito máis de si e demostrouno fai oito días en Cacheiras.
-
León - ao igual que Jesús, non logrou meterse no partido durante a hora que estivo no campo.
-
M. Juncal - dende o ecuador do primeiro acto estivo fóra do encontro. Os roces cos rivais acabarían por derivar en expulsión. Ademais todo apunta que estará varios partidos sancionados...
-
Toni - inmenso. Na primeira parte foi o máis metido no encontro e na segunda parte realizou un esforzo físico brutal. As bancadas recoñeceron o seu labor cando foi substituido.
-
Munitis - entrou á volta do descanso en lugar de Jesús Carballido. Foi o auténtico revulsivo pelexando todos os balóns e levando peso no ataque.
-
Fran - substituído por Javi González aos sesenta minutos. Cumpríu á perfección e non puxo problemas á hora de poñer a pelota no ar, para despexar o perigo.
-
Javi II - cambiado por León aos sesenta e cinco minutos de xogo. Nótase que sabe tocar a pelota, pero onte non logrou coller o ritmo do encontro.
-
Marcos Vigo - trocado por Toni no minuto oitenta. Non encontrou a pelota e non estivo no campo o tempo suficiente como para gozar dalgunha ocasión.
-
Para ver as fotos do partido, clica aquí.

57 comentarios:

Anónimo dijo...

a crónica poñerá o que poñerá, pero polo menos espero que tamén mencione o triste papel de marcos juncal, sendo un dos líderes do equipo, onte so demostrou que non foi a xogar o fútbol, senón a pelearse con todo o mundo e faltarlle ó respecto tanto os seus compañeiros como ó árbitro.

Anónimo dijo...

Marcos Juncal non necesita defensa ningunha, pero triste me parece leer o último comentario. Leva anos loitando e sudando pola camiseta VOSA como para escoitar tonterías de ese tipo. Que se equivocou, todos o saben e él tamén, pero punto final...

Anónimo dijo...

Despois de leer...

"Amancio - cumpríu sobradamente. Sen lucirse, pero sen erros. Contundente no despexe e sen complicacións".

Creo que onte non presencieu o mesmo partido.
Desbordado en todo momento na primeira mitade viñeron todos os ataques por ahí por medir mal balóns aéreos, FIXO o penalti (clarísimo) en vez de como se comenta na crónica que foi Germán, e perdeu os papeles con un cartón amarelo facendo unha entrada a destempo cando o equipo xa estaba en inferioridade....cousas positivas...garra...

Anónimo dijo...

pois eu tampouco vin tanto fallo de Amancio... igual non era para decir que "cumpriu sobradamente", pero mal non creo que o fixera

que grande o sfc que onte nos brindou o mellor partido en moito tempo, cunha remontada similar a do ano pasado en casa contra o Silleda B... tamen con un home menos

e mal Marcos Juncal, e el sabeo, xa e a segunda vez nos ultimos 3 partidos oficiais. de todas formas eu creo que e medio casualidade, porque este comportamento non e habitual en el.

Anónimo dijo...

vaia partidazo colega, estos son os que crean aficion!

Anónimo dijo...

si,creo que o penalti foi de amancio!!e o de marcos son cousas que pasan simplemente que ten que aprender, a cabeza no futbol e un factor importante

Anónimo dijo...

b

Anónimo dijo...

eu estiven no partido e ese penalti de cada cen pitase un en canto a Amancio ainda non esta no seu mellor momento de forma e en defensa ten garra e sabe o que ten que facer e en colocacion te un 10.Marcos perde a cabeza a xa non e a primeira vez o equipo vainos dar moitas alegrias Munitis o revulsivo o mellor forza sigu.

Anónimo dijo...

A marcos isto xa lle ten pasado pero este ano creo que mais que outros.No partido de onte perdeu a cabeza rotundamente.Nunca o vira como onte.Espero que se temple mais de aqui para diante.

Anónimo dijo...

Agora entendo o que se mira po partido. O penalti non ven dun saque de curruncho nin o fai germán, se non que ven dunha contra e faino amancio. Para min onte o peor, na primeira parte moi mal, sobretodo por arriba, e na segunda sin control, cando xa nos quedaramos con 10 parecía que el quería que nos quedaramos con 9...Estando Fran e Juan en condicions para min o lateral esquerdo sería para Borja fijo.

Anónimo dijo...

señor mio, sepa disculpar ao redactor da cronica, que como ninguen lle paga nin lle agradece unha merda non lle ten que rendir contas a nin dios, asi que a esixir vas pa outro lado.

casi 400 visitas nun puto dia e ainda hai collons a criticar!! tocate los huevos!

Anónimo dijo...

Collons a criticar?? Os mesmos que a publicar unha noticia falsa...

juardiola de penateixa dijo...

PARTIDAZO e punto. Nada mais.

Anónimo dijo...

deixemonos de estupideces e nn critiquemos os do colectivo nin os xogadores,todos formamos un equipo que é o que conta,se os do colectivo se engañan ou un xogador no realiza un bo partido,deberia quedar neso...pero aqui parece que tamos esperando a uqe alguen cometa un erro pa ir encima del e nn e asi

veña que o domingo ai ke ganarlle o tabeirós

AUPA SIGU

Anónimo dijo...

Amancio debe ter accions no colectivo esloveno..jeje

Anónimo dijo...

Esto so acaba de empezar e todos van mellorar moito.

Anónimo dijo...

cando sale a sanción para juncal?alguén ten algunha idea de cantos lle poden caer?

Anónimo dijo...

marcos hai tempo que esta enfadado co mundo.enfadase cos contrarios e reprocha cada fallo dalgun compañeiro.para min un gran xogador que debe superar esta mala racha.nada mais.Animo rapaces e moi bo partido.

Anónimo dijo...

Matoume o que di que amancio ten accións no Colectivo Esloveno, simplemente brillenate. Como tamén o foi a tarde de onte, cantos anos facía que non había tanta xente no Lino Balado? ou que se cantaba no campo?
Esta victoria vai animar a xente moito, quero decir que había moita xente que non acudira ou que non o fai con frecuencia ao campo... e coa victoria espectacular de onte e sa xente voltará dentro de 15 días!!

Anónimo dijo...

supoño que maña ou pasado estara a sancion. eu digo 4 partidos

Anónimo dijo...

eu digo que lle caera algun mais porque aparte dos empuxons dixolle algo que dependendo da gravedade caeranlle mais ou menos partidos. ademais se se acordan del e de como rematou a tempada pasada quizais o sancionen de mais por reincidencia.5 ou 6 partidiños diria eu, e e unha pena

pero marcos vaise repoñer, mais que nada porque este equipo o contrario do ano pasado vai para arriba, en canto a empecemos a xogar ben (as intencions vense, pero non e facil) todos os xogadores melloraran, e marcos non e unha excepcion, ca calidade que ten

extrañame moito que toni so leve 6 votos po mvp, habendo sido o mellor do encontro seguramente. como destacades no colectivo, gran sacrificio do noso '9'

saudos!

Germán!! dijo...

Boas!!!

Desde aquí animar á xente a que entre e participe na páxina e sobre todo a que veña aos partidos e anime como no partido do domingo!! Para nós, dende dentro, é importante ter unha afición como a que nos apoiou o outro día! Entre todos podemos levar o equipo arriba!

Felicidades ao creador/creadores da páxina que fai que o fútbol sexa máis interesante (aínda que me metades a min o penalti jajaja)

Kaiser xDD ainda me sigo rindo!jajaja que bo

Anónimo dijo...

Marcos foi sempre así,e foi considerado sempre un bo xogador,non sei porque agora veñen tantas críticas polo seu comportamento si sempre mostrou un caracter duro dentro do campo.a ver si non o sancionan moito.

I belong to Marcos Juncal dijo...

Señores vamos deixar de decir tonterías.... Juncal é un xogadorazo e este clube debelle moito... polo menos unha liga de xuvenís (que gañou el) e unha aportación vital no ascenso de fai dous anos.

Se lle caen máis de catro partidos será excesivo.

Anónimo dijo...

Teño unha pregunta para todos os entendidos que escriben neste blog habitualmente, que vai facer o sigu cando se recupere Maroño? Vaille decir a federación que necesitan xogar con 3 balóns?? Maroño necesita un, Toni, como está demostrando, outro e digo eu que o resto tamen queren xogar, non??Ou vanse limitar a correr, pelear, roubar baón e darllo a estes 2.

As valoracións do colectivo, desta vez ainda se poden leer, pero leese cada disparate por ahi arriba...
O mellor do partido foi o equipo, a unión de todos e o simple feito de non baixar os brazos ante as inxustizas arbitrais, en xeral, individualmente todos estiveron pouco acertados. E algúns moi individualistas, pero non se lle vai pedir peras o olmo, non?? Está claro que "po" nivel que poden dar algúns podemos decir que fixeron un partidazo (ainda que non sexa certo), pero é que algún nin así se salva. É moi importante ter claro o que se lle esixe a cada un e por tanto é igual de importante telo en conta a hora de valorar. Según os barenos que se utilizan neste blog, hai xogadores que o teñen moi compricado, xa que as valoracións aquí, son fruto do amiguismo e do que mellor me cae. Pero por moito que pese as actuacións de cada un están ahí e veas todo o mundo, moi pouca xente está dacordo co que aquí se publica.

Deixando as valoracións aun lado, vou dar a miña opinion da expulsion de Juncal. Que lle pasa o 9 do sigu? Moi sinxelo...partindo de que é un nove nato, un tio que xoga ben de espaldas a porteria, ten un bo 1 contra 1, un bo disparo, e peleón, xoga e traballa para o equipo, sabe xogar sen balón, porque se desquicia desta forma? Eu creo que polo xogo do equipo, e pola actitude de alguns compañeiros. No futbol hay duas clases de xogadores os egoistas e os que non o son e no sigu, como non podía ser doutra forma, hai de todo. Juncal é un xogador nada egoista, cando ten o balón pensa no mellor para o equipo e non no mellor para el (que sería meter goles e destcar) e se ve a posibilidade de asistir a un compañeiro, faino sen dudar, ese é o problema, él asiste, pero non recibe nada a cambio, alguen dirá que so van dous partidos, pero o problema ven do ano pasado. Por iso se desquicia pasan os partidos e todo segue igual, nada mellora, hai xogadores que morren co balón nos pes unha e outra vez, cansanse de perder balóns en xogadas individuais cando hai compañeiros desmarcados ou en posicións ventaxosas. Con isto non quero xustificar a expulsion, primeiro porque non ten xustificación e segundo porque algo tiveron que ver en todo esto os xogadores do San Marcos para que se puxera así. Pero o que si creo e que o xogo colectivo do equipo ten algo que ver.

Anónimo dijo...

pero que criticas??? que cometeu un erro e verdade, pero ninguen o criticou, porque sabemos todo o que nos deu e todo o que nos vai dar

Germán, que fenomeno, xa che quedou o de Kaiser!! jaja. Sendo sincero: cres que foi penalti?

Anónimo dijo...

O penalti foi de Amancio que lle agarrou a camiseta e deveulla estirar un metro.

Anónimo dijo...

Señor anonimo que parece que quere defender a Marcos pero en realidade so quere criticar a terceiros xogadores:

Non empece a xerar mal rollo e a criticar simplemente polo que todos sabemos que critica.Esta vostede a levar nos dentes porque Toni recuperou a forma e esta demostrando que e o mellor 9 puro que ten o sigueiro, e xa tembla coa aparicion de Maroño que e o que mellor regate ten da categoria.

Pois ben.sinto dicirlle que mal iriamos con 11 xogadores coma Toni,con 11 coma Oscar,ou con 11 Coma Marcos.Cada un ten unha forma de xogar e unha funcion no equipo.e hai unha persoa chamada entrenador que da ordes para sacar o mellor de cada un.

Non se deixe levar por esa extraña enfermedade que lle despertan alguns membros da plantilla porque en sigueiro queremos,animamos e valoramos a todos e cada un dos nosos xogadores.

So dicir que me alegro moito de que toni volva a ser o que era polo moito que se dixo sobre el despois de un mal ano.

Un saudo colectivo.por fin se fala de futbol e do sigueiro neste blog.Moi boa noticia.

Anónimo dijo...

eu tamén me alegro de que toni recuperara o bo estado de forma e que meta goles,pero o de marcos creo que ten razón o anónimo ese,él leva queimado bastante tempo,polo menos é o que se nota nos partidos.moi dacordo con que é un xogador de equipo,demostrao e creo que ainda non sabemos o dianteiro que temos no equipo do pobo.

Anónimo dijo...

Non creemos mal ambiente.Somos como o Barcelona un equipazo con xogadores xovenes da canteira e os dous fichaxes de Santiago (Borja e Germán) polo de agora parecen bos rapaces que veñen a integrarse no equipo,non como en épocas do ex-Presidente que agora é columnista deportivo.

Forza SIGU !!!

JAJAJAJAJAJA dijo...

Que Toni é un 9 puro???JAJAJAJAJAJAJAJAJAJAJAJA, me rio en tu cara!!!!

Mais chistes non, porfavor!!

Anónimo dijo...

Amigo como que Toni non é un 9 puro? Este ano Toni vai meter entre 20 e 30 goles. E estou disposto a apostar...

Na época do columnista esitía mal rollo porque a xente non era de aquí. Eran uns liantes, unha banda, pero non eran malos xogadores, por exemplo David (era moi técnico) ou Alex (o rubio de melenas), non era malo pero era moi "buah, neno" para ir xogar a campos como Viladabade ou Luaña...

Carpenter dijo...

Pois a min sinceramente pareceme que Toni xoga porque non hai outro, senon penso que xogaría moi pouco, e un xogador de terceira rexional, so sabe correr, estar en fora de xogo e cando se confunde incluso mete algún gol.
Os que realmente me parecen imprescindibles, son Oscar, Juncal e O Capi, creo que marcan as diferencias, en todolos aspectos. E cas novas incorporacións podese suplir a baixa de Xabi atrás, so de pensar que podería facer este equipo, con Xabi no medio xunto o Capi, dame unha volta...
Estes son xogadores de verda cos que calquera adestrador quere contar.

Anónimo dijo...

hai que recuperar a samuel, que se nota a sua baixa arriba

Anónimo dijo...

20 ou 30 goles?? eu aposto todo que teño a que non!!

Anónimo dijo...

Que Toni é que, oh¿?¿?¿? Un xogador de terceira rexional¿?¿? Veña home, non nos deixemos levar polo subxectivismo.

Toni e un moi bo dianteiro, o que pasa é que, como a maioría dos dianteiros, vive de rachas, de estados de ánimo. Precisamente por esa regla é pola que Marcos Juncal leva un tempo tan mal... e non se pode negar.

E a min polo menos cheoume de orgullo (e satisfacción xD) ver a Toni pelexar balóns no medio campo e baixar a presionar cando xa non podía cos huevos, levaba todo o partido pateando. Que grande, Toni, parece mentira que se cuestione a o xogador que nos deu os últimos (e primeiros da tempada) 6 puntos!!! Dúas victorias, e 'in extremis' grazas ao bo facer de Toni, que non terá a definición de Van Vistelrooy ou Ibrahimovic (solo jodería), pero provoca tantas ocasións coma Ronaldo. Eu creo que 20 goles si que pode metelos.

Merecida ovación a que levou.

Anónimo dijo...

Tanto como nos deu 6 puntos?? Se o equipo non chega a facer o traballo defensivo k fixo nos dous partidos levabamos 20 encima aínda que toni marcara 10...pero como sempre os que meten os goles lévanse todos os méritos. E como dicir que cristiano ronaldo doulle os 6 puntos que leva o madrid porque vai de pichichi do equipo...que vivan tamén os makeleles!!!

Anónimo dijo...

ese sigu

Anónimo dijo...

Dacordo, pero para gañar hai que metelos goles. Comprendo o voso punto de vista de valorar igual a todo o equipo, de non poñer por riba aos goleadores, pero ás veces na vosa teima de que se faga xustiza cos demais membros da plantilla, infravalorades aos que meten os goles, que o seu mérito tamén teñen, non¿?¿? Ao fin e ao cabo, a salsa do fútbol son os goles, faltaría máis.

Anónimo dijo...

Nestas categorias os goles meteos calquera!!!!!!O único que hai que facer para que a xente meta goles en 3ª e 2ª rexional e poñelos de dianteiros!!!! Calquera dos nosos interiores, Leon, Munitis, Carballido, se xogase en punta inflariase a marcar goles!!!Nun dianteiro son tan importantes os goles que marca coma os que fai que metan os seus compañeiros. Porque da maneira que hay que felicitar a Toni polos 3 goles que leva metidos, tamen se debe criticalo polos cinco que lles puido dar os seus compañeiros e non o fixo (en cacheiras 2 e contra o San Marcos 3), a que eso non o viu ninguen??? A que ninguen se para apensar nos balóns que perden os xogadores, non so Toni, senon todos, que pasa que eso non é futbol????
Pero que se vos vai pedir, se nos periódicos deportivos de tirada nacional fan o mesmo: O outro día no partido Español - Real Madrid a prensa encumbrou a Kaka, parecevos normal dicir que un xogador que perde 15 balóns na primeira metade, por dar duas asistencias de gol, foi o mellor do partido??

Pois iso é o que se fai akí habitualmente.

Anónimo dijo...

Home, neso si que levas razón, a proba está en que cando oscar xogaba de interior apenas metia goles e xogando de dianteiro inflouse...se estás arriba as posibilidades de marcar son elevadas se o equipo xoga o ataque.

Anónimo dijo...

ou sexa juncal leva 3 goles en 2 partidos e eu non me enterara

joder non sei que lle pides logo a kaka non e o mesmo xogar onde xoga xavi dando pases a 10 metros horizontalmente que intentar pases as espaldas dos defensas como fai el son moito mais arriscados

ti non valoras nada o que e un gol pareceche pouco dar 2 asistencias? iso significan 2 goles para o equipo que normalmente significan unha victoria. eu firmaba que jose angel perdera 15 balons cada partido se dese 2 asistencias ou que toni fose egoista nesas 5 xogadas que dis se fose a marcar gol sempre

Anónimo dijo...

A ignorancia e moi atrevida. É imposible que un olmo de peras...etc..etc
Ti quedate con esta frase: as veces hay cousas que parecen mentira e son mentira.
E recomendable ver o futbol cos ollos abertos, con eles pechados pode dar lugar a equivocacións.

Para o último anónimo, unha mente privilexiada.

Anónimo dijo...

nesta categoria os goles meteos calquera?

con todo o meu respeto, pareceme que te equivocas de largo senon...

cres que fran faria un bo dianteiro?

cres que toni poderia facer de fran?

eu creo que non. por que? pois por que fran xogou toda a puta vida de defensa e toni fixoo de punta, ou logo para que carallo se adestra pola semana?

Anónimo dijo...

Que mal fixo a television na xuventude... Habia que facer un equipo B, perdon, xa que o ferian mellor o A pos "fenomenos" que comentan aqui.. Tanto que saben e tan facil é pois a demostralo!! Falar por non tar calados...

Anónimo dijo...

Aqui hai moito queimado con algun xogador.era un fenomeno maroño se marcaba un gol, e un fenomeno juncal se marca, pero se marca toni xa nos parece mal e marca calquera que este ahi.aqui hai tufillo.ojala marque 50 e vos peche a boca a todos que e o que vos merecedes.e se alguen o ve tan facil que faga a ficha.PUTO GOLAZO O DO DOMINGO.peselle a quen lle pese.eu sempre apostei por el.e fareino sempre.

Anónimo dijo...

que si home que si, deixaos, o gol de toni podería marcalo calquera, porque calquera fai un recorte en carreira e pon o balon no puto palo largo entre dous defensas. por suposto. en fin...

por que tanta apatia cara a toni¿?

Anónimo dijo...

Por que tanta apatia por Toni?? Porque non xoga para o equipo; porque perde 3 de cada 4 balóns que toca; porque é un chupón; porque pasase a vida en fora de xogo; porque non xoga o fútbol, corre co balón; porque cando pega a portería non sabe a donde; e podería seguir... ademais so hai que recordar as suas perlas neste blog, cada un demostra o que cos seus feitos, as palabras levas o vento, pero os feitos recordanse sempre. Persoalmente non o coñezo, pero coma xogador pareceme normal, nin bo, nin malo, pero o que si que non me parece realista é encumbralo polo feito ata o de agora, básicamente aproveitarse do traballo dos seus compañeiros, solo faltaría que fallara os dous goles contra o Cacheiras, o do San Marcos, nada que dicir, el o guisa el o come. Pero espero vervos aqui a racha non sea boa, haber se alguen levanta a cabeza.

A quen hai que encumbrar é o equipo que o está facendo de puta madre en conxunto, e se seguen unidos seguramente este ano poidamos celebrar algo.

Anónimo dijo...

Toni é como Fernando Torres,marchou do Sigu pola porta de atrás para o Deixebre e veulle ben o futbol de ali,todos atrás patadón e que corra Toni.
Lelo está facendo un futbol similar(con mellores futbolistas e mais organizado)e hai que recoñecerlle a Toni q está aproveitando as "bilisquiñas" de Amancio,juan,Germán,Fran,javi..moi ben.
Moito Sigu!!

Anónimo dijo...

toni está no banquillo e o equipo non o nota,sin embargo con outros si.nada mais que decir.creo que os que escriben só ven dos partidos o que lle parece.

german dijo...

Perdoa por tardar en contestar!!!
De kaiser pouco teño, ademais teño que ir ata o ferreiro a ver se me da unha solucion aqui ao pe :-D e eu a verdade e que non vin penalti, ou polo menos, non tan claro coma o que me fixeron a min(e non por ser eu o afectado) ao pouco de empezar o partido! Foi penalti¿?eu non sei como se viu dende fora a verdade.deika!!

Anónimo dijo...

desde que estou no sigueiro os dous xogadores que mais impresionados me teñen son toni e marcos vigo.entrenan unha semana co grupo,e outra eles soiños cando veñen de traballar e xa todos marchan para a casa.sempre aceptaron sen reproche o banquillo e animaron a morte en cada partido.son dous xogadores e personas coma a copa dun pino.e no caso de toni de todos os anos que o vin xogar e o mellor goleador que coñezco.estades a queimarvos con un xogador que pasou un moi mal ano no que ademais de estar mal so recibiu criticas e desprecios,e calquer bo seguidor do sigu deberia alegrarse de que volva a ser o que era e axudar o equipo como o esta facendo.calquera critica a estos 2 xogadores doeme porque son XOGADORES con maiusculas.

Anónimo dijo...

Sempre igual.se un xogador marca porque non a pasa,se a pasa porque non marca... eu non sei como os nosos xogadores aguantan aqui sen cobrar con xente coma vos.non quero pensar como poñeredes a algun cando cheguen as derrotas.
espero que os xogadores nin lean toda esta trapallada.

Anónimo dijo...

Para o dos xogadores con MAIUSCULAS, sen desmerecer os dous mencionados, gustariame, recordar que hay dous membros da plantilla que empezaron no sigu con 10 ou 11 anos, un no ano 1994 e outro no ano 1995 e dende aquela estiberon no sigu ata o día de hoxe (exceptuando un ou dous anos), gañaron unha liga en infantiles, xogaron cos modestos o ano do ascenso a primeira rexional, ascenderon o equipo a segunda rexional, e en todos estes anos entre os dous non creo que sumen 20 ausencias os adestramentos. Estudiaron, sairon de carallada e agora traballan e seguen indo adestrar coma o primeiro dia. Pois si, estes dous xogan no sigu, un leva o 8 e outro o 10, calificativos?? todos os que queirades, pero para min o destes dous si que é IMPRESIONANTE.

Anónimo dijo...

Home si, jose e oscar claro que levan unha vida no sigu. Pero como eles Marcos Juncal, Amancio, Javi Gonzalez, León, Juan...todos eses levan toda vida no sigu, e tamén entrenan como sempre.

Anónimo dijo...

O tema non é levar unha vida no sigu, senon como... e para min non hay comparación. Oscar e Jose apenas a faltaron a adestrar en todos estes anos e eses que dis faltaron moitisimo mais xa so nos dous ultimos anos que eles en 14. Asi que non me compares, porque non hai comparación.

Anónimo dijo...

Eses que che digo velos seguido adestrando a non ser que estean lesionados. Vale que por exemplo Amancio o deixara un ano e pico, pero oscar tamén o deixou 2 anos...