domingo, 6 de septiembre de 2009

CACHEIRAS 0 - SIGÜEIRO 2


Doblete de Toni dá a victoria
-
A sorte alíase co Sigü, para conseguir un debut de ensoño. Toni anotou os dous goles na recta final do encontro
-
O ano 2009 comezaba cun Sigüeiro que saía goleado de Cacheiras (3-0). Entón o equipo entablábase nos últimos postos da táboa clasificatoria e ninguén podía afirmar que o Sigü participaría en Segunda esta tempada. Oito meses despois as cousas trocaron moito; volviamos a Cacheiras, desta vez na primeira xornada de liga e aínda que non merecemos a victoria, o Sigü "sacou" tres puntos dun dos campos máis complicados do grupo e presenta a súa candidatura a loitar polo ascenso.
-
Estrenábase en partido oficial o novo céspede artificial do campo de Cacheiras e o sol acompañou durante todo o xogo. Boa entrada e mesmo a presenza do "mediático" Rubén ("futbolista" do Maiorca) que acudíu a ver ao seu irmán que voltou a facer das súas e remataría expulsado.
-
No primeiro acto, o partido disputouse no medio do campo e ambos equipos tiveron contadas ocasións; as poucas do Sigü foron de escaso perigo e pasaron polas botas do pequeno dos Juncal. O ritmo do partido foi cada vez a menos ata o descanso e só nos derradeiros minutos desta primeira metade o Cacheiras crearía incertidume de cara a porta de Diego.
-
Á volta do intermedio o guión cambiou: se antes non había un dominador claro da pelota, agora era o rival quen controlaba os tempos do partido. Os locais gozaron de dúas ocasións moi claras (das que é máis dificil errar que marcar) creadas por fallos dun irrecoñecible Diego, que normalmente non ten problemas para resolver accións deste tipo: un mal entendemento coa defensa e un erro na blocaxe, case lle costa ao Sigü o partido, pero hoxe a sorte sorríunos e a pelota non quixo entrar. Cando o Cacheiras mostraba máis superioriedade, Juan saca un balón largo dende o noso campo, Toni controla, métese na área, cruza o esférico diante do meta local e a pelota bate no pau antes de colarse no fondo das redes. Corría o minuto oitenta e sete e o Sigü adiantábase no marcador, parecía que de aquí ao fin a pelota non ía saír da área dos nosos, non obstante saíu ata en dúas ocasións: a primeira pola parte dereita nunha galopada de Toni que sería placada polo dorsal número tres (o irmán do xa mencionadao Rubén), que vería o cartón vermello directo; e a segunda noutra carreira de Toni pola mesma banda, cando xa pasaban dous minutos do tempo regulamentario, que acabaría co nove do Sigü celebrando o seu doblete, ao transformar o man a man.
-
Victoria pois, nun dos campos máis difíciles desta Segunda Autonómica G-5. A próxima cita, o domingo no Lino Balado fronte ao recén ascendido San Marcos.
-
-Hoxe no SFC: Diego; Fran, Germán, Manu Regueiro e Amancio (substituído por León); Munitis (susbtituído por Juan), José Ángel, Javi González (substituído por Javi II) e Borxa; Jesús Carballido (substituído por Toni) e Marcos Juncal.
-
Para ver o álbum de fotografías do encontro só tes que clicar aquí.

20 comentarios:

Anónimo dijo...

En liñas xerais... unha parte para cada equipo. A primeira para o sigu, con ocasions do Capi, Juncal, Carballido e Munitis, e a segunda para o Cacheiras con ocasions moi claras. Xusto cando mellor xogaba o Cacheiras, un despexe de Juan caelle a Toni e marca o primeiro... o segundo mais do mesmo, pase en semi fallo de Manuel Antonio e outro gol de Toni so contra o porteiro.
O equipo viuse moi achicado fisicamente, a partir do minuto 60 ninguen era capaz de votar unha carreira e o resultado mais xusto era un empate. O mais salientable os 3 puntos, o xogo do equipo bastane racano... como xa é costume, esperemos unha melloria no xogo para os vindeiros partidos.

En liñas xerais isto foi o que se viu onte en cacheiras.

Anónimo dijo...

Valoracions dos xogadores:
Diego - Pouco traballo, pero o que tivo salvouno sen problemas. O peor os saques de porteria.
German - Ben colocado, expeditivo, salvo polo erro de comunicación con Diego que case supon o 1-0, impecable.
Manuel - Defensivamente un bo partido, co balón nos pes unha escopeta de feira.
Amancio - Defensivamente sin problemas, co balón nos pes coma Manuel.
Fran - Un hueso, moi dificil de superar, fixo un bo partido.

A defensa podeselle dar un aprobado, para ser a primeira vez que xogan xuntos en partido oficial non estivo mal.
Jose - Unha boa primeira parte, ainda que fallou duas ocasión claras en area, totalmente desaparecido na segunda. Ben en tarefas defensivas
Javi Gonzalez - Bo partido en labores defensivas.
Munitis - Totalmente descolocado foi un dos peores partidos que lle vin xogar co sigu.
Borja - Bo partido tanto de interior coma de lateral, ainda que perdeu moitos balóns en ataque intentouno sempre que tivo ocasión.


O mediocampo fixo unha boa labor de contención, pero ofensivamente apenas xeraron ocasións, aprobado moi raspado.

Carballido - Peleon e pouco mais, non por el senon polo equipo.
Juncal - Lucha, lucha e mais lucha, se o xogo do equipo vai a ser este toda a tempada eu de ti buscaba equipo, porque para recibir melóns non fai falla perder a tarde dos domingos, na fruteria vendenos baratos.

Bo traballo de desgaste e algun que outro intento individual de ambos e combinativo con Jose, polo resto non se lles pode pedir mais, cun equipo que xoga así eu cambiaría de posto.

Juan - De interior nada de nada, de central coma sempre impecable.
Toni - Catro tiros dous goles, o mellor do partido, saiu fresco e gañou o partido, acerto do mister???
Leon - Pouco tempo, pero todo o que fixo con criterio, bo partido.
Javi - Non lle favoreceu o momento de entrar o campo, xa que o equipo estaba desfondado.

Lelo - solo fixo unha cousa ben o cambio de Toni, o resto disparates. Juan de interior, o xogo do equipo esperpentico, a condición fisica dos xogadores moi mala, cambios de sistema cada 15 minutos. Pensemos que foi o calor de cacheiras, non sei como os chavales aguantaron no campo, con tanto cambio de sistema.

Anónimo dijo...

Totalmente de acordo coas valoracions anteriores. Nada que engadir.

Anónimo dijo...

pero vamos a ver e normal que o equipo ainda non xogue ben, supoño que lelo non se conformara con isto e buscara o seu estilo. ainda levan un mes entrenando e este era o primeiro partido oficial. eu creo que estamos no bo camiño, e o principal o empezar a liga xa sabemos que son os resultados, pois os equipos e os xogadores non soen alcanzar a plenitude fisica e de xogo ata ben entrado outubro.

Anónimo dijo...

poucos equipos puntuaran neste campo. a sorte a veces tamen conta. este ano podemos aspirar a todo¡¡¡

Anónimo dijo...

ben pola victoria.penso que poucos equipos sacaran algo de ese campo.veremolo co tempo.o equipo ten unha plantilla longa e compensada e se a sorte acompaña podemos aspirar a algo.felicidades a todos.e da gusto ver o toni que todos coñeciamos de hay anos.ojala recupere a forma e a confianza para darnos moitas alegrias.gran partido de javi gonzalez.animo rapaces.

cr9 dijo...

Anteriormente mencionouse aqui que se fichara xente mala ou xente que non lle importara chupar banqueta,señor Braulio debe retificar.Logo de algun que outro partido creo que non podemos decir que se fichara xente mala,porque personalmente creo que se fichou bastante ben.

Na defensa incorporouse un gran central e que esperemos contar con el moito tempo,German,que despois do partido de onte non se pode decir nada,xunto con Borxa,non ten a calidade do anterior pero si peito e ganas.Estes xunto on Fran,Juan,Manu e Amancio penso que non deverian ter problemas.

No medio contamos con Javi,esperiencia ainda qe debe mellorar bastante para facerse cun oco no equipo ainda que sempre e bo contar con xente qe "cumpla" no mediocampo,xunto con Jose Angel,Paderne e Javi Gonzalez ou incluso Manu formaran un bo medio

Por ultimo e o que sen duda mais me impresionou Jesús Carballido,teño ido ver partidos dos xuvenis e este rapaz non xogaba como con nosco,contra o Deixebre fixo un partidazo e contra o Xuventude ganou el solo o partido con duas accions de listo,sinceramente este e o fichaxe da temporada porque se ficha un home da casa,un rapaz que dentro duns anos a de darnos varias alegrias e que por agora debe afacerse a competir con homes.Espero non equivocarme porque me gustou moito e calidade xa se sabe que a ten.Carballido,Maroño,Munitis e Leon son para o meu gusto uns interiores mallados.

Estes xunto con xente como Diego e Alex na porteria,sempre cumplindo,e con nosos killers Marcos Juncal,Toni e Maroño creo qe podemos chegar lonxe esta tempada.

Sen moito mais que dicir esperemos unha tempada presumiblemente emocionante.

FORZA SIGU!!

Anónimo dijo...

mvp??

Anónimo dijo...

cagondiola colectivo, nin enquisa nin mvp... a que andamos, oh?? vos tamen tedes que collela forma jejeje.

forza sigu!!

Anónimo dijo...

Moi importantes os tres puntos do domingo xa que o partido foi contra un dos mellores equipos da categoria. Quizais non nos merecimos a victoria pero algunha vez tamén temos que ter algo de sorte.
O próximo partido é contra o San Marcos que lle ven de gañar O Pino por 3-0,colocándose así primeiro. Sexan bos ou malos,confio en que o noso equipo proxecte o partido dunha maneira seria como este domingo pasado e nos poidamos levar os primeiros 3 puntos desta nova tempada no Lino Balado.
Dito isto creo que este equipo si todo vai ben e pon ganas pode estar entre os 5 primeiros e incluso pelexando pola liga.
Decir que os fichaxes por primeira vez en moitos anos...estupendo!xa que melloraron bastante o equipo.
E acabo decindo que...que pena que non xogue Xabi este ano,porque podria xogar no medio facendo unha tarea defensiva boisima e daria moita liberdade ó noso capitán,un dos mellores da categoria,sen dúbida algunha.

Animo sigü!

Anónimo dijo...

Pois eu casi prefiro a Germán, que é en sí un manual do que se debe facer en defensa e de cómo se debe saca-lo balón xogado. Aínda que unha parexa Germán-Xabi no medio da defensa podería ser a repanocha, seguramente a mellor parexa de centrais da Liga.

Anónimo dijo...

Queremos a encosta do MVP!!

ToniGol dijo...

E para que queres a enquisa, se todos sabemos cal foi o MVP??

Cacheiras 0-2 Toni, non digo máis.

D10SCAR dijo...

Colectivo a ver se despertades e comezades co:

TONI SELECCIÓN!!!

Anónimo dijo...

No empecemos a chuparnos las pollas todavía...

Anónimo dijo...

150 visitas e so 15 comentarios?? Animadevos, oh!!

Anónimo dijo...

O segundo anónimo parece que non veu o partido.
Manuel fixo un partidazo posiblemente o mellor da defensa e o único perigo que creou o cacheiras foi pola banda de Amancio e a Lelo non sei que lle pides porque sin Óscar deixando no Banco a Juan,León e Toni gañarlle o cacheiras non está nada mal..

Anónimo dijo...

ende o meu punto de vista os mellores foron: Javi González, Toni, Jesús carballido e Manu Regueiro.

Anónimo dijo...

dende o meu punto de vista os mellores foron os do cacheiras pero o que conta é gañar

Anónimo dijo...

espabilade!que temos un equipazo! Que lle gañamos a un dos mellores equipos da liga a domicilio.que algun esta esperando as derrotas para opinar!