jueves, 3 de septiembre de 2009

"Máxico" Deco e máis Braulio

Deco está co Sigüeiro
-
O internacional portugués, ex-xogador do Porto e Barça, agora militando no Chealsea, quíxose sumar ao Sigu posando cunha camisola do Colectivo Esloveno.
-
"Falta Maroño, pero hoxe non ven..." - Capítulo IV
-
Tal e como se puido ver no Torneo do Concello as cousas pintan moi ben de cara á nova tempada; falando do encontro contra o Deixebre, claro está que o rival non ten e nunca terá entidade suficiente como para que nos poidamos analizar en profundidade o estado do plantel. Non obstante, analicei tres puntos que me pareceron moi interesantes:
-
1. A fichaxe de Javi, apuntala o medio campo e fai que Jose Ángel se achegue máis ao dianteiro e para min mellora. Alí é onde formará un bo enganche co punta que presumiblemente será Óscar Maroño.
-
2. Borxa apurará a Amancio para que este non se relaxe e teña unha dura competencia polo lateral esquerdo.
-
3. Temos un fondo de armario bastante xeitoso, Lelo cun plantel máis longo e iso paréceme moi interesante. Na tempada hai moitos partido e todos fan falla. Con todo, aínda é cedo para analizar como imos estar este ano na táboa, pero a cousa apunta boas maneiras.
-
Por certo deixo unha pregunta no aire:
-
Onde está o sector africano que tanto ilusionaba?
-
Braulio Veiga (ex-presidente do Sigüeiro FC).

26 comentarios:

ToniGol dijo...

Eu non sei que teima tedes agora con que Óscar será o punta. O punta ten que ser Toni, máis claro auga. Paréceme unha aberración querer poñer a Óscar na dianteira e quitalo na banda.

Precisamos dese desborde pola banda dereita, para abrir ocos nas defensas, ese desborde que case que solo el ten nesta liga. Dende alí xa fai goles abondo, e non só iso, se non todo o que produce dende o extremo dereito: os xa ditos goles, as asistencias, os córners, as faltas, as tarxetas. Óscar é un máquina, pero na banda. Para que cambiar algo que sabemos a ciencia certa que funciona??
Ademáis, estou seguro de que Óscar tamén xogaría ben en punto, e faría goles, porque define moi ben e ten moita técnica, pero un xogador das súas características, eléctrico, estático perde moito. Incluso se sentirá incómodo.

Jujá dijo...

grande colectivo ca foto de deco!!

vamos a ver tonigol:

de futbol sabes pouquiño eh! os car é mellor en punta porque ten moito gol e cando esta o partido atascado (e desos hai moitos) sempre podes botar un patadon e que corra oscar. toni é un killer pero leva dous goles sen gol

Anónimo dijo...

ToniGol:

Sabes moi pouco, este entrenador en canto o puxo en punta xa non o quitou máis de ahí, nin loco o mete en banda porque perde moito, arriba si que ten gol. Non sei se o viches xogar, pero cando o facía de interior apenas metía un gol, os seus rexistros como goleador eran moi baixos (o ano que se ascendeu meteu 3 ou 4 goles en TODA a liga). O ano pasado foi o ano con diferencia que máis goles meteu, pero porque xogou arriba. Arriba mete moitos, e fainos falta gol! É o seu sitio, nesta categoría o de xogar ben e todo eso é secundario, necesítase gol e con el arriba témolo, con el en banda nadiña de nada.

ToniGol dijo...

Máis aló de que Toni sexa o punta, o que teño moi claro é que o lugar de Óscar é a banda, o extremo dereito.

Un 'extremo' soe estar a altura (dentro do campo) do dianteiro, pero escorado á banda. Isto dálle moita máis liberdade á hora de xogar ao fútbol: pode baixar a recibir e encontrar ocos con máis facilidade, ten máis sitio para desbordar e acadar ventaxa e ten un abanico máis amplo de accións técnicas, que lle permite producir moito máis: línea de fondo e colgala, línea de fondo e pase da morte, diagonal cara o medio, recorte e centro, recorte e tiro, parede co punta e tiro, doble parede co punta e gol...

Todo isto debería deixar claro que Óscar xoga na banda, é o seu sitio. Non discuto que Óscar non o poida facer ben como '9', pero sí discuto que xogue ahí con asiduidade, a non ser que se encontre un xogador de banda que poida sustituílo ao seu nivel (que diría que é case imposible).

Non estou dacordo con eso que dis de que xogar ben é secundario... Xogar ben é o primeiro, porque cando xogas ben, a xente divístese (non só nós, como siareiros, senón tamén os propios xogadores no campo) e as ocasións chegan. E tampouco estou dacordo con esa obsesión de que os goles tenos que marcar Óscar; que máis dará quen os marque?? O caso é que cheguen, e para parece que imos ter un arsenal importante este ano.

Anónimo dijo...

Vamos a ver ToniGol, non me veñas con dobles paredes e cousas desas que non existen. Donde terá máis liberdade que en ataque?? Se Marcos Juncal xoga como punta e el como falso punta vai ter toda liberdade do mundo...vai poder caer a banda esquerda como extremo esquerdo (a súa posición + natural), vai poder caer a banda dereita como extremo dereito (que xa é o que queres ti) e vai poder actuar como dianteiro...esa é unha liberdade moi grande xa, mellor que espetalo nunha banda.
Con este entrenador xa che digo que n.u.n.c.a o verás como interior (por algo será, porque o mister tonto non é). Sendo dianteiro pode facer todo que ti dis e máis. Outra cousa é que queiras que xogue alí metido nunha banda para que xogue Toni. Pero eu opino que se deben ter 3-4 dianteiros, e vexo que oscar e marcos están por diante dos demais, logo toni e ata carballido o pode facer moi ben.

ToniGol dijo...

Pero ti, iluminado,... que pasa, que o extremo dereito non e ataque?? un extremo non se pode considerar un dianteiro?? Para xogar como queres ti, con 3 ou catro dianteiros, dous deles teñen que estar na banda. E queiras que non, por unhas cousas ou por outras, Óscar ten que estar alí. A quen pos na dereita para que Óscar xogue detrás do punta (que non é o mesmo que punta, xa me cambiastes a conversa)?? Sexa quen sexa, non vai ter o perigo que Óscar leva nas botas.

Para xogar ao fútbol, non hai que ser cuadriculado: hai que xogar con bandas, ben aberto, ampliando o campo ao máximo, así provocas que se abra a defensa e se creen os ocos. Cae de caixón meu.

Como que Lelo nunca o vai poñer de interior?? A tempada xa o fixo en bastantes ocasións, e o equipo non cambiou tanto como para que troque así como así todo o sistema ofensivo do SFC.

A min gústame Toni, paréceme que está bastante infravalorado, pero non estou dicindo esto para que xogue él. É máis, penso que o punta titular debe de ser Marcos Juncal.

E é certo que na segunda punta tamén tería liberdade, pero non creo que tanta, porque Lelo é un adestrador de carácter non defensivo, pero sí ordenado e táctico. Estou seguro de que onde máis liberdade vai ter Óscar é na banda, porque no medio fai falta traballo e presión, orde táctica, algo que de forzar a facer a Óscar deixaríanos ca metade ou menos do seu potencial ofensivo. Polo tanto, sigo convencido de que o mellor lugar para o número dez é na banda, como extremo.

Anónimo dijo...

Diego


Fran German Juan Amancio


Javi


Jose Angel Javi.G



Carballido Leon

Maroño

Juncal

Anónimo dijo...

Para o anterior... Con 12!! Gañamos fijo!!!

Anónimo dijo...

German e Borxa estan confirmados?? se e asi... fichajazos!!!

-------------Diego/Alex------------



--Fran---German-------Borxa---Amancio

-------------Javi Vasco------------

--------Jose Angel--Javi Gonz------

-Oscar Maroño------Jesús Carballido

------------Marcos Juncal----------


Esa e a que poñeria eu, ainda que claro, os primeiros partidos os Juncal tan sancionados. No seu sitio eu poñeria a Paderne e Toni. Un 4-3-3 claro, mais ou menos coma o Barsa, con dous extremos (Oscar e Carballido) e un punta. No medio un xogador mais atrasado.
Eu tamen penso que Oscar e xogador de banda, poñelo de dianteiro seria como poñer a Cristiano Ronaldo no sitio de Benzema.

Xabi ainda non ta??


ei, colectivo, e onde van as encostas esas que faciades antes dos partidos?? tamen poderiades facer unha previa do inicio do campionato e a previa de cada xornada, mais que nada para que haxa mais movemento e sigades evolucionando

saudos!!

Anónimo dijo...

Tonigol, quedo flipando co que dis, vouche decir no que te equivocas (ou así o entendo eu).
Vamos empezar polo tema de Lelo. Dis que é un adestrador de caracter non defensivo, pero ti vichelo adestrar ou viches a súa forma de xogar?? Non é defensivo, tes razón, é ultradefensivo. Logo, eu non dixen que teñamos que xogar con 3-4 dianteiros, dixen que son partidario de ter ese número de dianteiros no equipo, pero xogar xógase con 2 ou con 1. Ti tasme dicindo que os da banda xogan a altura do dianteiro, imos bos, xogar con 4 arriba...para este adestrador os interiores teñen que correr arriba e abaixo e sobretodo d.e.f.e.n.d.e.r!!!!! E en ataque se a pode poñer de primeiras sin un solo regate mellor que mellor, non lle gustan os figuríns!! Gustalle xente que dea o callo e que defenda!
Oscar ten moita calidad, pero non ten outras cousas que moitos outros da plantilla posúen, cada un ten que se dedicar o seu e non xogar para unha persoa, senón para un equipo. Lelo xogou con Oscar de interior, cando chegou, pero en canto o probou en ataque nunca + xogou en banda (e se non dime o partido no que o viches).
Por último, como ti dis, necesitamos presión no medio e se a fai Oscar perderiamos moito do seu potencial en ataque...pois entonces como o queres poñer en banda!!!??? Se os interiores teñen un peso moi importante nesa presión defensiva, teñense que cerrar para axudar os mediocentros e baixar a axudar o lateral (cousa que se ten que facer oscar non podería levar tanto protagonismo en ataque). Eke ti mesmo te contradices...queres que non defenda e vas e querelo meter en banda...o que hai que oir.

Anónimo dijo...

Xabi non vai xogar esta temporada e unha aclaración, borxa non é central, é lateral.

Anónimo dijo...

Os Juncal non están sancionados, que xoguen ou non, dependerá do mister. Os dous Javis non poden xogar xuntos, que queredes matar a Jose Angel nos 5 primerios partidos de liga?? E despois quen corre??

Anónimo dijo...

Jajajajaja...totalmente de acordo co último anónimo!!! Os 2 javis no equipo son incompatibles!!! Jose morrería...se tivera xabi sería un puntazo pero xa se pode contar con el. Ah!! Oscar tamén está lesionado por un tempo (polo menos este fin de semana creo que non xoga polo que oín)

Anónimo dijo...

Na defensa ai qe ter ne conta a Juan,partido tras partido cumplindo.

Anónimo dijo...

O dos Javis totalmente dacordo tamen,sobre todo o vasco,qe perde miles de pelotas por enrredarse.

Anónimo dijo...

paderne titular no medio

Anónimo dijo...

Os do colectivo sempre teñen algun puntazo, neste caso a foto da camisola con deco.

Anónimo dijo...

Alguen pode contestar a esto:
-Como se vai solucionar o das sancións inxustas a os irmáns Juncal?
-Xabi non vai xogar? (menuda perda nese caso...)
-Quedou alguén do ano pasado sen ficha?

ToniGol dijo...

Eu non vexo a Lelo un adestrador defensivo. Que queira que o equipo defenda non quere dicir que sexa defensivo. Eu véxoo como un adestrador ao que lle importa moito os aspectos tácticos do equipo, moi meticuloso; como se non quixese que se lle escapase nin o máis mínimo detalle.

Pero bueno, como tampouco o coñezo persoalmente, vou parar de especular.

E o número de dianteiros (perdón, entendinche mal) non ten demasiado que ver ca mentalidade defensiva ou atacante do equipo. Capello en Italia (Roma e Juve polo menos) xogaba sempre con 3 dianteiros, e ese si que é un míster defensivo, porque a súa mentalidade é a de entregarlle o balón ao contrario, pero presionar e roubar o balón arriba para armar contras letais. Ese non é o estilo de Lelo; ou polo menos non é o estilo que leva amosado o SFC dende que está él.

Eu apostaría por xogar con ese tridente ofensivo, con Óscar e Juncal como indiscutibles, e quedando a posto na banda esquerda para o que mellor en forma esté. Carballido lévao facendo moi moi ben esta pretempada, un xogador moi eléctrico, que ten ese instinto para saber onde vai caer o balón, e enriba ten a calidade e a chispa dos xóvenes.

Eu tampouco vexo xogando xuntos a eses tres en mediocampo: probaría a Paderne de medio defensivo, xa que as cualidades físicas as ten, e intentaría por tódolos medios darlle liberdade creativa ao capi e liberalo asímesmo de resposabilidades defensivas máis aló que a de presionar con sentidiño e a defensa posicional.

Se hai dous xogadores que por características ofensivas deberían ter menos traballo defensivo, eses son Óscar e Jose Ángel. Pero eu non son Lelo. E unha cousa é que non sexa defensivo e outra que lle guste o xogo combinativo.

PD: e unha aclaración, durante toda a conversa, eu estaba falando do que eu faría, non do que vai facer Lelo, porque evidentemente non son él nin sei o que pensa. Pero eu creo cegamente que Óscar é por natureza un extremo.

Alguén pode aclarar a situación de Xabi?? Sería unha gran perda, é o xefe na defensa.

E como que os Juncal non están sancionados?? Que se sepa, sancionáranos contra o Lamela na fin de tempada por unha tangana que se formou, de forma excesiva e enriba equivocada. Retiraron as sancións ou algo?

PD2: que gusto, por fin unha conversa como deus manda no blog, sen faltas de respeto, nin xuventude nin cousas que non sexan estrictamente FÚTBOL.

Anónimo dijo...

digo eu, ¿eses senegaleses?

Anónimo dijo...

-As tarxetas os irmáns juncales creo que llas quitaron.
-Xabi leva sin xogar toda pretemporada, se aproba as probas de garda civil en setembro terá que marchar para fora e polo tanto xa non fai ficha co equipo.
-Do ano pasado sen ficha quedarían os que marcharon como Samuel, Alberto e Iván.

PD: nun equipo non hai indiscutibles nin intocables, e neste menos.

sempresigu dijo...

maña comeza o espectaculo¡¡¡. se as lesións nos respetan e as cousas van saindo... señores... este ano podese aspirar a todo,pero iso si, cos pes no chan, sempre cos pes no chan.

forza sigu¡¡¡


p.d. despois de meses... da gusto volver a falar do que realmente nos importa, o noso equipo

Anónimo dijo...

Os senegaleses ofreceronlle traballo se xogaban noutro equipo e como é lóxico marcharon.

Anónimo dijo...

san mamed 0-2 sigu

Anónimo dijo...

cacheiras 0 - 2 sigu!!! como andamos jejeje

Anónimo dijo...

Pois nada, doblete de Toni, que e DIOS