miércoles, 2 de septiembre de 2009

Mención na web do Concello

A páxina web do Concello de Oroso faise eco dos encontros disputados o pasado domingo no Lino Balado. Nela fálase da disputa do VII Torneo do Concello de Oroso e non do torneo do Sacramento, como dixéramos neste blog. Ademais recalcar que o encontro que disputou e goleou o Sigüeiro fronte ao Deixebre fai dous fins de semana, era válido para esta competición.
-
Outro detalle a destacar, é que dende o máximo órgano municipal non lle coñecen o nome ao equipo máis grande do Concello, xa que se fala dun tal FC Sigüeiro en lugar de Sigüeiro FC...
-
Para enlazar ca nova, clica aquí.

11 comentarios:

gatocan dijo...

que vergoña... fc sigueiro! a ver se se equivocan e poñen xuvenculo!!

Anónimo dijo...

Sodes a hostia, colectivo. É incrible a cara que lle botades; acabades ca cagala todo canto se podía na anterior actualización e agora atizádeslle ao Concello por poñer mal o nome do noso equipo.

Sodes sensacionalistas de carallo, que ben vos iría en Telecinco ou Antena 3, ou no Marca, ou no Sport...

E a ver se deixades en paz ao puto Xuventude, hostia, que parecedes un disco (de vinilo, porque levades case un ano así xa!) rallado.

Este blog comeza a atufar seriamente..

Anónimo dijo...

APESTAR APESTAS TI carallo que pareces imbécil, O xuventude ano tras ano perde socios e colaboradores a ver o que dura cando ó monas do presi lle pasen as ganas de ir ver ós petardos dos fillos e fillos de amigos xogando...

pijusmagnificus 2.0 dijo...

Que pouca clase amosas, raparigo. E non sei por qué, para contestarme empregas argumentos en contra do Xuventude. E que o Xuventude a min tanto me ten!!! Eu son do Sigüeiro FC e punto, carallo, e tanto me dá que siga e triunfe (de puta nai para os chavales!) coma que se desfaga (o cal podería vir ben como impulso para volver ás categorías inferiores).

O único que eu fixen no anterior comentario, foi criticar o 'camiño' que decidiu levar o autor do blog, un camiño cheo de sensacionalismo, pensando sempre con mala intención e mala fé.

A proba e este último acontecemento: atrévese a criticar ca dura vara da ironía (e con sensacionalismo tamén, como non) un erro que non sabemos se ten orixe ou non na mala fé, cando él mesmo ven de cometer varios erros de bulto na anterior actualización.

E que conste que a min isto do blog paréceme unha idea cojonuda!!

Anónimo dijo...

apirolados!pois claro que é o torneo do concello o trofeo do sacramento xa fai que non o hai.CAgástela co do deixebre que nin o mencionastes e gañouselle 4-1.E criticades ó concello por non saber si FC é antes ou despois do nome do equipo...ide pa casa!

Anónimo dijo...

ste blog xa nn é o k era...

celtaxsempre dijo...

a verdade cansades un pouco en vez de animar o sigu intentades atacar os outros vaite deitar á casa

sempresigu dijo...

ai ai colectivo... imos ver oh

fixestedes moitas cousas positivas tempo atras, fundar este blog, facernos ver en "fiebre maldini", a campaña por juanito... non sei, moitas cousas que requiren de moito traballo e tivestedes moito merito pero, ultimamente estades a metela zoca con bastante frecuencia, e digoo sen animo de ofender, e o que sinto.

eu como afeccionado ó meu equipo gustame debatir do meu equipo e todo o que rodea ó meu equipo e ultimamente aqui non se fala mais que do xuventude e ainda por encima con isultos e demais.se o presidente do xuventude ten fins politicos pois, alá el,pero o acordo de afiliacion entre o xuventude e o sigüeiro e beneficioso para ambas partes e está ahi. se de verdade queredes ser o blog do noso equipo, dade a imaxe como esta a dar actualmente o noso equipo (costou moito traballo lavala), e se de verdade queredes seguir polo camiño da "radikalidade" por chamarlle de algun modo, respetuosamente tendes un visitante menos.

p.d. gustariame moito que se falara das fichaxes deste ano, falavase por ahi que se iba promover unha campaña para captar socios... non sei, hai moitos temas que darian para falar moito... pero por favor, sen insultos e con respeto, que aqui entra moita xente de fora e a imaxe por veces e patética

Anónimo dijo...

sempresigu = crack

pijusmagnificus 2.0 dijo...

Totalmente dacordo, xa vexo que non só eu...

Anónimo dijo...

Estou moi de acordo cos ultimos comentarios, o que non se pode e equibocarse por falta de informacion e en vez de recoñecelo e retificar humildemente, vos atacades a outros por un erro que se ve claro que non foi de mala fe, o cal seguramnte o comete o que actualiza a paxina ou quen redacta esa noticia. A verdade e que si non somos mais sensatos e humildes vamos por muy mal camiño.

Por ultomo viva o sigu, fora os radicais e respecto para os demais...