Vexo con emoción o repaso da selección española a Serbia no Europeo de baloncesto, e durante as celebracións dos xogadores contemplo con admiración, a deportividade, o compañeirismo e sobre todo o compromiso dunha xeración de ouro. Xa sei que as comparacións son odiosas, que aínda é moi pronto e que non van máis ca tres xornadas... Pero a similitude entre o grupo de Lelo e o de Scariolo é sorprendente. Durante o partido de Tabeirós (Serbia) vin a un colosal José Ángel (Pau Gasol), a un extraordinario Javi González (Garbajosa), destellos de calidade por tódolos lados dun máxico Óscar (Rudy Fernández) etc., etc. Pero voltando á dura realidade vexo que esta é unha semana dura de traballo, na que grazas a estos mozos, os siareiros que nos desprazamos a Tabeirós esta semana foi máis agradable e un pouco máis curta.
-Braulio Veiga (ex-presidente do Sigüeiro FC).
11 comentarios:
Señor Braulio Veiga (ex-presidente do Sigüeiro FC), e vostede quen sería nesa comparación?
Propoño e animo á xente que tamén apunte os seus posibles "votos":
1. Andres Montes? jajaja, tiqui-taca Salinas....jajaja
jajaaaa non digas subnormalidades braulio
alguen me pode decir por favor donde ai unha clasificacion que a actualizen todas as semanas para os que non podemos ir o lino balado domingo a domingo?gracias por adelantado
Para ver a clasificación só lle tes que dar a "Clasificación Segunda Autonomica G-5" (que esta nos enlaces da dereita) e logo seleccionar a data (a derradeira data é a vixente).
gracias
vamos todos o lino balado domingo a animar o sigueiro compañeiros!PODEMOS!!
braulio estas baixando moito o nivel
Manolo do bombo...(polo primeiro comentario...)
Por favor, non tiñades ninguen mais que escribise???? doeme a vista so saber q este homiño o q escribe..pero q asco!!!
Pois a min dóeme máis a vista véndote escribir a ti...
Sigüeiro 1, Agolada 1
Estades namorados de Braulio os de Sigüeiro sodes así...por eso vos keren tanto nas aforas....
Publicar un comentario